Actividades

GALA DE NADAL POLO BENESTAR ANIMAL

14 / 12 / 2017

20 / 12 / 2017

Teatro Principal

Entradas á venda no Refuxio de Bando. Prezo: 8€

Organizan APACA e Asociación3PA. Colaboran Concello de Santiago e AI-HOSTESS.

cartel-gala-navidad-asociacion3pa_apaca_

MESA INFORMATIVA NO TOURAL

13 / 12 / 2017

31 / 12 / 2017

Praza do Toural en Santiago

 

E o 30 de decembro, en horario de 10 da mañá  a 9 da noite, Mercadillo Solidario a favor do Refuxio de Bando en Toural.

Achégate!!

 

Charlas caninas nos parques de Compostela

12 / 12 / 2017

1 / 01 / 2018

CSC e Xuvenil Municipal O Ensanche

O Concello de Santiago, Departamento de Xuventude, organiza nos parques de Santiago de Compostela charlas caninas e aulas de educación canina dirixidas as persoas que xa teñen cans e a aquelas que están pensando en incorporar ás súas familias un novo membro.

Dende o Refuxio, alegrámonos desta iniciativa tan interesante e vos animamos a todos a que participedes nelas.

aula-canina charlas

EL CORTE INGLÉS CON LAS MASCOTAS

23 / 10 / 2017

5 / 11 / 2017

Centro Comercial Compostela, R/Restollal 50

 

A Fundación Refuxio de Animais, Refuxio de Bando, participa con El Corte Inglés na súa campaña de Recollida de Alimentos para Cans e Gatos que se celebrará o vindeiro sábado 4 de novembro no Centro Comercial Compostela, Centro de Hipercor de Santiago en horario de 10 a 22h.#ECIconlasMascotas

Dende hai uns días e por motivo da ampliación da AP9 permanece pechado a ponte do Tangueiro, principal punto de subida ao Refuxio de Bando. A alternativa a este acceso é a A54, autovía que vai ao aeroporto de Lavacolla, tomando a primeira saída dirección ao Monte do Gozo. Este acceso sae directamente a San Marcos.

Paseo do dia 2 dos cans apadriñados

30 / 08 / 2017

2 / 09 / 2017

Refuxio de Bando

Información aos madriñas/padriños,

Este sábado día 2, e debido ao traslado a Asturias dos cans adoptados por SOS Strays Holanda, os voluntarios que prestan asistencia os sábados no Refuxio non poderán acudir a axudar polo que vémonos obrigados a suspender a saída de animais apadriñados ése día ao non ter persoal suficiente que atenda esta actividade. 

O domingo día 3 aténdese de xeito normal e no horario habitual.

Agradecemos de antemán a vosa comprensión,

FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS

Estannos a chegar seguido camadas de gatos que precisan ser alimentados por crianza artificial. As poucas casas de acollida que temos para isto (ás que agradecemos, e moito, a súa axuda) non poden abarcar máis. Por iso pedimos a túa colaboración. Se tés experiencia na crianza artificial de animais, dispós de tempo para atendelos (lembra que precisan comer cada 3-4h) e queres botar unha man, non o dubides! Ponte en contacto connosco a través do email refuxio@refuxio.gal e deíxanos os teus datos de contacto.

É importante que dispoñas de vehículo propio ou alguén que poda achegarte ata o Refuxio para pasar as revisións periódicas dos miquiños, se houbese unha urxencia ou por calquer outro motivo.

Moitas grazas pola túa axuda!!

 

 

FEIRA DA ADOPCIÓN

26 / 07 / 2017

30 / 07 / 2017

Parque da Alameda

img-20170726-wa0000

 

 

 

 

 

 

 

I Campaña Solidaria de Recollida de Alimentos en SARquavitae

21 / 06 / 2017

25 / 07 / 2017

SARquavitae San Lázaro

sarO remate da I Campaña Solidaria de Recollida de Alimentos para perros y gatos do Refuxio de Bando, realizada pola Residencia de San Lázaro, SARquavitae, deixou aos animais do Refuxio máis de 100kg de pienso e 45kg de area para gatos, ademáis de comida húmida para ambos.

Moitas grazas de novo pola iniciativa e polo esforzo e, dende logo, pola vosa visita. Gozamos moito co voso cariño hacia os animais e as vosas experiencias!.

Ata a próxima!

http://www.sarquavitae.es/articulo/entrega-de-alimentos-para-perros-y-gatos-al-rfuxio-de-bando/

_________________________________________________________________________

A Residencia SARquavitae, en Avda. Fernando de Casas Novoa, 33 de Santiago de Compostela, está a realizar unha campaña de recollida de material doado para o Refuxio de Bando. Toda a axuda é benvida e de gran utilidade para o Refuxio.

Dende aquí queremos agradecer aos organizadores da campaña e aos usuarios da residencia, a súa maravillosa iniciativa e a axuda que prestan con ela aos animais abandonados.

Más información en: http://www.sarquavitae.es/articulo/i-campana-solidaria-de-recogida-de-alimentos-para-perros-y-gatos/

Publicaremos os resultados da campaña ao seu remate.

cartel-campana-solidaria-de-alimentos-para-animales
Moitas grazas pola vosa axuda!!

Doazóns económicas ao Refuxio

30 / 05 / 2017

30 / 12 / 2017

Lembra que podes realizar unha doazón económica ao Refuxio directamente a través da nosa web e de forma totalmente segura.

Preme o enlace: https://www.refuxio.gal/?page_id=1119 (ou na sección PUNTO DE INFORMACIÓN, Pago On Line)

Moitas grazas pola túa axuda!

VIII edición do Minicanmiño

30 / 05 / 2017

17 / 06 / 2017

Santiago de Compostela

cartel-refuxio3

Estamos a organizar a oitava edición do “MINICANMIÑO”, prevista para o vindeiro  17 DE XUÑO (Autorización pendente de confirmar) co fin de concienciar sobre non abandono e adopción, dar a coñecer o Refuxio, as formas de colaborar e os animais que residen nel diariamente.

A actividade consta dunha marcha que se iniciará no Refuxio de Bando e percorrerá a última etapa do Camiño de Santiago; o grupo estará formado por cans/cadelas do Refuxio dispoñibles para a súa adopción, guiados por voluntariado e madriñas/padriños do Refuxio. Para apoiar e reforzar esta iniciativa, poñerase unha mesa informativa no punto de chegada dos ‘Canmiñantes’ (Praza Roxa, pendente de confirmación) dende as 10 da mañá ata as 21h (horario aproximado).

Agradecemos de antemán a colaboración de todas/os aquelas/es madriñas/padriños que desexen participar na actividade. É preciso inscripción previa anotándose no cadro que se atopa no taboleiro do Refuxio de Bando, preguntando ao voluntariado ou nos teléfonos do Refuxio 646492835 – 981575957. 

Os cans participantes serán seleccionados polo voluntariado do centro segundo os criterios de dispoñibilidade, carácter e compatibilidade establecidos previamente.

Tamén poderá participar calquera persoa que desexe solidarizarse co motivo desta marcha; poden unirse dende o Refuxio ou ao longo do camiño sos ou co seu can/cadela (Debido á organización da actividade, e ao igual que nas anteriores edicións, necesítanse dúas persoas acompañando a cada can)

O PRAZO PARA ANOTARSE NELA REMATA O SÁBADO 10 DE XUÑO

ANIMÁDEVOS!!

MESA INFORMATIVA

25 / 03 / 2017

PRAZA DO TOURAL

O vindeiro sabado, unha vez mais, e con motivo de dar a coñecer os amigos do refuxio, haberá unha mesa informativa na praza do Toural entre as 10:00 e as 21:00 horas. Se sintes  a chamada da solidariedade pasate a coñecelos.

Antroido co Refuxio

25 / 02 / 2017

PRAZA DO TOURAL

O vindeiro 25 de febreiro colabora co refuxio e disfruta de unha xornada antroideira e de solidaridade. Pasate pola mesa informativa que estará situada na Praza do toural entre as 10:00 e as 21:00. Ali poderas recibir calquera información sobre o refuxio e colaborar da maneira que mais se che axeite.

Esperamoste

XORNADA SOLIDARIA NO TOURAL

26 / 11 / 2016

26 / 11 / 2016

PRAZA DO TOURAL

O vindeiro 26 de novembro colocarase unha mesa informativa na Praza do Toural con motivo de dar a coñecer o refuxio de animais de bando. Todas as persoas interesadas porderán pasarse por ali en horario de 10:00 a 21:00 e/ou facer a súa pequena aportación para colaborar cos pequenos  amigos residentes no refuxuio.

Boa tarde,

Iniciouse un convenio de colaboración coa universidade de Santiago de Compostela.

Todos aqueles voluntarios que desexen convalidar horas de voluntariado no refuxio de bando por créditos de libre configuración deben poñerse en contacto coa USC e cumprimentar a ficha de solicitude correspondente.

Mais información en:  http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/sc101/aps_voluntariado.html

XORNADA INFORMATIVA E SOLIDARIA

6 / 11 / 2016

6 / 11 / 2016

Praza do toural

O vindeiro 6 de novembro celebrarase un pequeno mercadillo solidario na praza do Toural co motivo de dar a coñecer un pouco mellor o refuxio de animais de bando e con elo aos seus amoros inquilinos.

Se che interesa colaborar ou adopatar pasate e informate sen compromiso.

DATA : 06-11-2016

HORARIO: de 10:30 a 21:00h

Lugar: Praza do Toural

RECOLLIDA DE PIENSO PARA OS ANIMAIS DO REFUXIO

5 / 11 / 2016

5 / 11 / 2016

EL CORTE INGLES , TENDA DE MASCOTAS

piensoeci

 

O vindeiro 5 de novembro levarase a cabo unha actividade de recollida de penso para os animais residentes no refuxio. Se queres colaborar co Refuxio achegate  a tenda de mascotas de El corte Ingles e doa alimento para os nosos amiguiños.

Data: 05-11-2016

HORARIO: DE 10:00  A 22:00

Lugar : Tenda de Mascostas El Corte Ingles

 

VII EDICIÓN – MINICANMIÑO 2016

2 / 07 / 2016

2 / 07 / 2016

Zarramacedo (Bando) S/N

1907373_10152252468503510_1351813246880976264_n

SÉPTIMA EDICIÓN DO “MINICANMIÑO” DE SANTIAGO DUN GRUPO DE “ PERREGRINOS” DA FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS.
TODOS PODEDES PARTICIPAR: VOLUNT@RIOS, PADRIÑ@S, ADOPTANTES, SIMPATIZANTES, E EN RESUMEN TÓDOLOS QUE CREAN QUE EN PROTECCIÓN ANIMAL “O MOVEMENTO DEMOSTRASE ANDANDO”

O sábado 2 DE XULLO realizarase a séptima edición do ‘Minicanmiño’. Este novo grupo de ‘perregrinos da esperanza’ estará composto por un grupo duns 20 voluntari@s que guiarán a 10 cans da Fundación Refuxio de Animais, e os padriños e madriñas co seu afillado/a.

Tamén están invitados todos aqueles que adoptasen cans no Refuxio ou simplemente simpatizantes da Fundación, dos seus residentes ou da causa, para procurar demostrar que o abandono é un problema que interesa aos cidadáns e que están dispostos a participar e intentar axudar neste gran problema adoptando ou colaborando. Non fai falla que fagan a marcha completa, poden incorporarse ao longo da marcha, que coincide co último tramo do Camiño de Santiago.

Con todo isto, esperamos crear unha senda para todos aqueles que queiran colaborar cos animais do centro e atopar un fogar para eles ou para algún dos mais de 400 compañeiros que actualmente residen no Refuxio de Bando.

PLAN DO DÍA – HORARIOS

Os participantes terán que estar as 09:30 no Refuxio para recoller ao seu compañeiro do camiño, iniciando a marcha ás 10:30 no Refuxio de Bando, para chegar en torno ás 13:30-14:00 ao parque da ALAMEDA, onde haberá xa instalada unha mesa informativa dende as 10.30 das distintas actividades e formas de colaborar coa Fundación Refuxio de Animais (voluntariado, apadriñamentos, socios, doazóns, colaboracións… etcétera.) Tamén se venderá material publicitario para recadar fondos para os animais do centro.

De 15:00 a 17:00 farase un descanso para comer e recargar baterías, (traede un bocata ou tarteira!!!).

Pola tarde, ás 18:30 farase unha “Pasarela da Adopción”. Así mostraranse aos nosos ‘perregrinos’ (afillados e outros cans do Refuxio), expoñendo a súa historia e facultades.

PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS:

As condicións para todos aqueles que queiran participar son:

– Apuntarse nun listado no Refuxio, (podedes facelo tamén a través do correo electrónico: voluntariado.bando@gmail.com) , indicando: nome e apelidos, e-mail, teléfono, relación con Refuxio (padriños, voluntarios, adoptantes…) , e o animal que queren levar, así coma se poden quedar pola tarde á ‘Pasarela da Adopción’.

– Terán que ir dúas persoas por can.

– Aqueles padriños/madriñas que tendes afillados dominantes, medosos, ou incompatibles co resto dos cans que irán na marcha, non poderedes levalos pero vos asignaremos outro previamente avaliado. Desta maneira pretendemos evitar problemas entre os animais durante a realización da actividade co obxectivo de que a actividade sexa o máis divertida posible para todos.

– Os participantes irán polo lado esquerdo da estrada e levarán ao can polo lado interno ou entre os dous paseantes.

– Nunca se invadirá a estrada

– Levaranse bolsas para recoller as defecacións.

– Os padriños e madriñas terán que organizarse entre eles para facer grupos cos seus coches para volver despois ao Refuxio.
No caso de non quedarse pola tarde, terán que subir aos cans ao refuxio.

As condicións para todos aqueles que queiran participar na camiñata son as mesmas que para o resto dos compoñentes.

Quen se queira unir á marcha pode facelo ao longo da ruta.

Sempre hai algunha maneira de axudar, solo hai que animarse. Moitas grazas por anticipado pola vosa participación.

1044100_10152273599013510_3021635571143357126_n