Se che gustan os animais e queres colaborar co Refuxio de Bando, podes darte de alta como voluntario/a e participar no teu tempo libre en diferentes actividades: paseos, socialización tanto de cans como de gatos, axuda nos seus coidados, promoción das adopcións de animais, mercadiños e eventos para recadar fondos e publicitar o Refuxio, charlas informativas e de concienciación, etc.
As labores de voluntariado realízanse ao longo de toda a semana tanto no propio centro como en diferentes localizacións onde se realice algunha actividade do Refuxio de Bando, fundamentalmente en horario de tarde, pero dependendo do grupo de traballo e da actividade que se desenvolva, estableceranse uns horarios específicos.
Requisitos imprescindibles:
- Ser maior de 18 anos.
- Cubrir a solicitude do voluntariado e entregala no Refuxio no horario de atención ao público ou achegala por mail a refuxio[@]refuxio.gal
- Asistir a unha reunión informativa e formativa do voluntariado. As datas das reunións publicaranse na sección “actividades” desta web ou se contactará coas persoas interesadas por mail ou teléfono.
- Aceptar e asinar as normas de voluntariado.
- Unha vez que ingreses como voluntario deberás demostrar disposición e dispoñibilidade, en caso contrario procederase á túa baixa como voluntario/a.