O Refuxio de Bando está dirixido e xestionado por un equipo de profesionais cunha aptitude e valía demostradas, que foron admitidos despois dun proceso público de selección. Unha directora, unha veterinaria, cinco coidadores e unha administrativa, forman o cadro de persoal do Refuxio. Este equipo conta coa colaboración desinteresada de voluntarios e voluntarias que no seu tempo libre axudan en tarefas de promoción das adopcións de animais, de socialización, de axuda nos seus coidados, actividades, etc.
A Fundación Refuxio de Animais é un elemento clave para unha política municipal de protección dos animais asentada en tres piares: prevención do abandono (a través da sensibilización social, do control do censo, da esterilización, etc.), promoción de boas prácticas en relación cos animais e fomento de adopcións.