30/12/2013
A Fundación Refuxio de Animais da gran importancia á educación dos cans, é fundamental para a convivenza harmónica coas persoas e animais.
Cando un dono dun can non o educa dun xeito adecuado, os cans que son animais sociais e intelixentes por natureza, terminan tornándose un problema, e en moitas ocasións son abandonados pola irresponsabilidade dos seus donos, que no intentan solucionar os seus erros poñéndose na man dun profesional. Nos Centros de acollida, chegan moitos animais que por un contacto e trato innadecuado cos humáns, son pouco sociabeis, o que dificulta a súa adopción. Tamén existe a falsa idea de que un can adulto non pode ser adoptado ou educado. Nada máis lonxe da realidade.
Na Fundación Refuxio de Animais contamos no seu incio,coa colaboración altruísta de Fernando Estévez Costas, adestrador que fixo grupos de traballo con voluntarios para ensinar obediencia nos cans do Refuxio e un grupo de Agility tamén con voluntarios e cans do Centro. En moitas ocasións, nos axudou con algún dono de can con problemas. Na actualidade Fernando ten o Club de Agility Compostela, co que cosecha numerosos éxitos, www.agilitycompostela.es.
Moitas grazas Fernando, sempre o Refuxio che estará moi agradecido.