Apadriñamento

  • O padriño patrocinador, costeará parte dos gastos dun animal do Refuxio ata que atope un fogar. Un só animal será apadriñado por 3 persoas. Cada persoa aportará 80,00 € anuais.






Que recibo a cambio de apadriñar?

O padriño patrocinador terá información periódica do animal. Comunicaráselles se atoparon un padriño acolledor ou foi adoptado.

Poder vir as fins de semana a pasealo, sempre cumprindo as indicacións do Centro.

En que consiste apadriñar?

O apadriñamento é unha fórmula pola que toda persoa que quere aos animais e non pode telos, pode axudalos por unha pequena cantidade de diñeiro ao ano.

Os padriños poden axudar a buscar un fogar entre os seus amigos, familiares…

Por que apadriñar?

Porque a Fundación Refuxio de Animais necesita achegas económicas para poder manter aos animais durante a súa estadía no centro. Son moitos os gastos dos coidados dos animais: alimentación, limpeza, vacinacións, desparasitacións, etc.

Quen pode apadriñar?

Quen queira aos animais pero non poidan telo en casa, dende nenos ata persoas que se atopen en residencias de anciáns, hospitais, estudantes, etc.

A quen se pode apadriñar?

Pódense apadriñar/amadriñar todos os animais do Refuxio aínda que non todos eles entran dentro do programa de paseos do apadriñamento polas súas características.

Si o animal ten a sorte de ser adoptado, comunicaráselle ao padriño e se lle asignará outro afillado/a.

Formas de pago do apadriñamento

O pago pódese facer de varias formas:

  • Domiciliado:  é a forma preferente. Necesitaríamos para isto os datos do titular da conta (só no caso de ser diferentes aos do titular do apadriñamentos), o número de conta completo cos 20 díxitos e o documento SEPA asinado que nos autorice á domiciliación do pago. O recibo de 80,00€ pasaríase unha vez ao ano.
  • Transferencia: o padriño/madriña ingresaría directamente na nosa conta a colaboración anual.
  • Efectivo: ben no centro de forma directa ou ben mediante xiro postal ou outra forma de envío.
  • Paypal: Ir á páxina