O Refuxio de Bando ocupa uns 7.000 metros cadrados dunha parcela de 15.000 e está dividido en catro grandes módulos.
O edificio principal alberga as oficinas, a área de atención veterinaria (consulta, clínica e salas de hospitalización), a de atención ao público, a aula de educación ambiental, vestiarios e almacén de alimentación.
Nos módulos construídos como residencia para animais hai espazos específicos para cans e gatos, ademais de amplos patios e espazos comúns para que fagan exercicio e se socialicen. Todos os canís están protexidos do exterior e contan con comedeiros e bebedeiros. Cada un destes espazos ten un patio ao que a animal pode acceder libremente.