Actividades

INICIATIVA DE COMERCIO SANTIAGO:

 

 

A principios deste ano presentámosvos “12 comercios, 12 sensibilidades”, unha campaña na que unha ducia de establementos do comercio local apoia cada mes a unha entidade solidaria, poñendo en valor os seus proxectos

Recordámosvos o calendario de sensibilidades

Xaneiro
‍⬛ 1 Águila Atlántica
Pictoaplicaciones

Febreiro
JOYERÍA JOSÉ ANTONIO
Tara Project

Marzo
Naf Naf Santiago.
Programa Vagalume

Abril
‍♂️ Atmósfera Sport
A.C.E.M

Maio
✂ Papelería Xaquín
Agadea

Xuño
La Tienda de María
Acougo Acougo

Xullo
Creativas Galegas
Avante

Agosto
Maravalla
Refuxio de Bando

Setembro
Cousas Do Campo Froitas e Verduras
Daquí Darredor

Outubro
Escondi T
Obra social Pediatría

Novembro
María Brey. Diseño e interiorismo
Cocina Económica de Santiago

Decembro
Quenlla SCQ
Alasolvidadas.org

#12comercios12sensibilidades #comerciolocal #EuMercoAquí

Adopción

1 / 03 / 2024

Desde a Fundación Refuxio de Animais infórmase de que a partir do vindeiro 11/03/2024 aumentarán os prezos asociados a adopción dos nosos cans e gatos.

Incrementarase a 120 euros no caso dos cans, incluíndo desparasitación interna e externa, vacinas, implantación do microchip e esterilización. No caso dos gatos, 90 euros, que incluirán desparasitación interna e externa, vacinas, test de inmunodeficiencia e leucemia felinas, esterilización e implantación do microchip.

Este incremento comezará a aplicarse nas adopcións que se realicen a partir do día 11, este incluído.

Grazas pola vosa colaboración

CITA PREVIA

21 / 04 / 2022

CITA PREVIA

Lembrade que atendemos con cita previa!

Para poder atendervos con calma e evitar aglomeracións ou que teñades que agardar moito tempo, precisamos que contactedes previamente con nós para concertar unha cita, ou ben por teléfono no 981-575957 / 646 492 835, ou ben escribíndonos a refuxio@refuxio.gal.

Se o motivo da túa visita é adoptar, enviarémosche o cuestionario pre-adopción para que nolo reenvíes cuberto previamente.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

EDUCANDO EN RESPECTO ANIMAL

11 / 12 / 2021

10:30-20:00

Casa Común de Cacheiras. Travesía de Cacheiras 38, Teo

O 11 de decembro vémonos no concello de Teo nun evento que ten como tema a educación en respecto animal e no que nos fai moita ilusión poder participar. Se refuxios como o noso están ata arriba é porque segue a faltar moita concienciación: cans sen microchip, cría indiscriminada tanto de cans como sobre todo de gatos… Polo que iniciativas coma esta son moi necesarias.
Ademais de termos un posto no mercadiño de Nadal, teremos o pracer de participar cunha charla na que falaremos das consecuencias do abandono e o Refuxio.
Gardade esta data porque contamos con vós 😉
Moitísimas grazas tanto ao concello de Teo como á persoa que está a organizar todo isto pola iniciativa e por contar con nós ☺️

 

O vindeiro sábado día 12 de xuño temos unha cita con vós en Gali+cotas (Rúa República Arxentina, 46, Santiago de Compostela) 🤩🙈🎉

Os nosos voluntarios estarán de 10:30 a 17:00 recollendo doazóns. Como ben sabedes, agora estamos bastante saturados de camadas de gatiños, así que o que máis precisamos é leite para gatiños, penso e latas de arranque e penso para gatiños 😊 Os nosos 7 cachorros lactantes tamén empezan a comer sólido, así que precisamos tamén latiñas e penso starter para eles e penso para cans medianos/grandes.
Ademais, temos varios gatos con dieta renal e gastrointestinal, polo que nos viría xenial este tipo de comida. E, por supusto, sempre son benvidas calquera tipo de lambonada para cans, latas para gatos (para can aínda temos bastantes) e penso para cans e gatos adultos 🥰 Calquera axuda vai ser ben recibida!!
Ademais, aproveitaremos para vender rifas para o noso súper sorteo, así que se vos queredes facer con algunha, esta é a vosa oportunidade 😉

Moitísimas grazas a Gali+cotas por contar con nós e sempre estar dispostos a botarnos unha man, xa sexa como punto de recollida ou calquera cousa que precisemos!! Grazas por recibirnos sempre cun sorriso ❤️

Sorteo Benéfico

3 / 06 / 2021

24 / 06 / 2021

✨ SORTEO BENÉFICO! ✨
Como xa vos fomos contando, ultimamente estannos chegando animais en moi malas condicións que precisan intervencións ou tratamentos custosos e, para colaborar, varias empresas da zona uníronse para botarnos unha man. ♥
Nesta ocasión imos sortear unha noite para dúas persoas na Cabaña Lila de Cabanas da Ulla, na que ademais estarán agardando ao gañador os seguintes premios:
-2 cubos de Bico de Xeado
-2 prendas de Clockers
– 2 bastidores bordados a man de Variopinto
COMO PARTICIPAR?
O prezo de cada rifa é de 2€ e pódense obter fisicamente nos seguintes establecementos:
▪ Tendas Bico de Xeado:
-Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 81)
– CC As Cancelas (Santiago de Compostela)
-Coruña (Avenida de La Marina, 21)
– Pontevedra (Rúa Michelena, 5)
▪ Cabanas da Ulla
▪ Refuxio de Bando
▪A Media Lúa Clínica Veterinaria (Milladoiro)
▪Peixecan Peluquería Canina (Rúa París, nº 19 G, Baixo, Santiago de Compostela)
▪ Ámbito Moda (Rúa Ameneiral 12, Bertamiráns)
Tamén poderedes adquirilas por transferencia ao Refuxio de Bando. Neste caso o que tedes que facer para participar é ingresar os cartos correspondentes ao número de participacións que queredes mercar (se queredes escoller 2 números, serían 4€; 3 números, 6, etc.) ao noso número de conta ES66 2080 0388 2230 4000 0891 co concepto “Sorteo”. Unha vez realizado o pago, por mensaxe privada deberedes mandarnos o xustificante, así como o voso nome e apelidos, dirémosvos os números cos que participades e enviarémosvos a través das redes a rifa en formato electrónico.
COMO SE SELECCIONARÁ O GAÑADOR?
O gañador do sorteo será aquel que teña a rifa que coincida coas 3 últimas cifras do número gañador do sorteo da ONCE do xoves 24 de xuño de 2021.
Moita sorte!!!

Mercadiño solidario na Praza Roxa

29 / 05 / 2021

10:00-20:00

POR FIN IMOS FACER UN MERCADIÑO 👏🏼 Pero debido a un imprevisto, non será no Toural como estaba previsto senón na PRAZA ROXA.
Logo de 15 meses sen ningún mercadiño solidario, por fin temos permiso para realizalo 😊 Será este sábado día 29 de maio e estaremos de 10 a 20 horas na Praza Roxa.
Imos ter moitas cousas chulas: un montón de libros de todo tipo (incluído literatura infantil), xoguetes para cans e para gatos, accesorios, roupa… Os nosos voluntarios estarán encantados de solventar as vosas dúbidas e axudarvos no que precisedes 😉
Agardámosvos este sábado e contamos con vós para que este primer mercadiño de volta sexa todo un éxito! Botamos de menos ver as vosas caras e a dos canciños adoptados que sempre nos veñen visitar, así que estamos moi emocionados de volver 🥰

 

Debido á aparente estabilización da COVID-19 en Galicia e a finalización do estado de alarma, desde o luns día 10 de maio retómanse os paseos dos padriños e madriñas do Refuxio de Bando cos seus cans afillados.

Tal como se estivo facer meses atrás, será obrigatorio anotarse previamente a través dos links que iremos enviando todos os venres a través dun correo electrónico. Os grupos serán reducidos, de 5 persoas por quenda entre semana e 10 en cada quenda das fins de semana, polo que para que todos teñades opción a subir, só poderedes anotarvos nunha quenda entre semana e outra en fin de semana.

Tamén será obrigatorio o cumprimento das normas básicas: uso de mascarilla en TODO momento, distancia de seguridade e hixiene de mans á chegada ó Refuxio (contaredes con xel hidroalcohólico á vosa disposición).

Os afillados serán entregados na entrada do recinto, polo que queda prohibido pasar do portalón. As normas son as mesmas para todos, así que pedimos por favor que as cumprades de maneira estrita para evitar aglomeracións e situacións que vos poidan poñer en risco a vós, ás voluntarias, traballadores e ós propios animais.

Agradecervos tamén a vosa paciencia durante estes meses de pausa da actividade dos paseos con afillados. Como ben sabedes, tivemos que darlle prioridade ás adopcións no horario no que a vosa actividade ten lugar, posto que é o pilar fundamental da Fundación. O Refuxio é un centro de residencia temporal para estes animais e así intentamos que seguise sendo durante estes meses. Porén, agardamos que a situación se manteña estable durante esta temporada e poidamos seguir mantendo esta actividade tan beneficioso para os cans do Refuxio. Agardámosvos a partir do día 10!

Os avisos serán sempre por mail, de xeito que se non vos chegan ou xa non empregados o correo electrónico que nos facilitarades, poñédevos en contacto con nós para solucionalo.

 

 

Campaña de recollida de alimentos

Error: please reset date

Unha vez máis, tendes unha cita con nós no Kiwoko do C.C. As Cancelas 🥳🥳
Este sábado día 8 de maio estaremos de 10:00 a 22:00 recollendo doazóns. Calquera cousa é ben recibida, pero agora mesmo o que máis precisamos é: comida húmida e penso para cans diabéticos, lambetadas para cans, comida húmida renal para gatos, penso gastrointestinal para gato, penso para gatiños, leite para gatiños, penso para can, penso para gato e latiñas para gato (para cans aínda temos bastantes).
Os nosos voluntarios estarán todo o día para respostar tamén ás vosas dúbidas! Moitísimas grazas a Kiwoko é Fundación Kiwoko por contar con nós unha vez máis. Esperámosvos ❤️

Sorteo Perruqería + Almorzo/Merenda

16 / 04 / 2021

16 / 05 / 2021

Para axudar a cubrir parte de gastos veterinarios de casos especiais, presentámosvos o noso primeiro sorteo online 👏🏼 O premio é unha sesión de perruquería para o voso can ou gato en Peixecan Peluquería Canina e un almorzo ou merenda (por valor entre 4 e 9 €) no Café Latexo. Teñen opcións veganas e sen glute, así que ídesvos poder dar un banquete sexa como sexa e, ademais, podedes levar ó voso can/cadela a presumir de peiteado 💃🏻 Así que vos espera un planazo xunto ó voso compañeiro de vida.

Cada participación será de 2€ e poderedes escoller tantos números como queirades entre o 1 e o 100. Para participar, o que tedes que facer é ingresar os cartos correspondentes ó número de participacións que queredes ter (se queredes escoller 2 números, serían 4€; 3 números, 6, etc.) ó noso número de conta ES66 2080 0388 2230 4000 0891 co concepto “Sorteo”. Unha vez realizado o pago, por mensaxe privada (no Instagram ou Facebook) deberedes mandarnos o xustificante do pago, así como o voso nome e apelidos e os números cos que vos gustaría participar. En caso de que estes números xa foran escollidos por outra persoa, comunicarémovolo e darémosvos a posibilidade de escoller outro número. Tedes que agardar a que nós vos confirmemos que tedes asignado ese número!


O sorteo realizarase unha vez vendidas todas as participacións e o gañador será aquel cuxo número coincida coas dúas últimas cifras do sorteo diario da ONCE do día seguinte. Parece fácil, non?
Precisamos de toda a vosa axuda, así que animádevos a participar que o premio ben merece a pena 👏🏼👏🏼 Iremos facendo máis sorteos ó longo destas semanas así que aproveitamos tamén para que, se tedes un establecemento e queredes botarnos unha man, nos mandedes unha mensaxe privada 😉


Por suposto, un millón de grazas ás rapazas de Peixecan peluquería canina
e Café Latexo por colaborar con nós (unha vez máis!) e axudarnos a facer fronte a esta época difícil!
Contamos con todos vós 😊❤️


#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro #ValdoDubra #Brión #Trazo
#Dodro #Padrón

Cabalo extraviado

10 / 01 / 2021

20 / 01 / 2021

O pasado 10 de xaneiro de 2021 recolleuse un cabalo extraviado nas proximidades do aeroporto Rosalía de Castro. En caso de que ninguén o reclame, pasado o prazo legal procederase á súa posta en adopción.

Xa temos dispoñible o noso calendario solidario para o ano 2️⃣0️⃣2️⃣1️⃣! 🤩🎉
Ademais de no propio Refuxio, podedes adquirilo xa nos seguintes puntos:
– En Santiago
✅ Peixecan Peluquería Canina (r/ de París, 19G Baixo)
✅Can Cat Clínica Veterinaria (Rúa do Restollal, 15)
✅PAC Veterinario San Lázaro ( Rúa de San Lázaro, 108)
✅Bar Cafetería Latexo (Av. de Rosalía de Castro, 65)
✅Librería Baba (Área Central)
– En Teo
✅ Clínica Veterinaria Teovet (Travesía de Cacheiras, 12)
– Ames
✅ Centro Veterinario Mundo Vivo (Avenida da Mahía, 50)
✅ Cocotín Peluquería Canina & Boutique (Avenida da Peregrina, 13)
✅ Papacan (Travesía da Peregrina, 10)
✅ Ámbito (Rúa Ameneiral, 12)
✅ Centro Veterinario Novo Milladoiro (Rúa Palmeiras 19 Local 4 y 5 Entrada por Rua da Cruxa frente a la Iglesia)
Agardamos que vos guste o calendario!!

Cita previa

10 / 08 / 2020

31 / 12 / 2020

Non esquezas pedir a túa cita!

 

 

Campaña de recollida de alimentos

4 / 07 / 2020

10:00-22:00

Kiwoko Cancelas

Este sábado 4 de xullo volvemos estar no Kiwoko de As Cancelas (Santiago de Composttela) cunha campaña de recollida de alimentos
Desde as 10:00 ata o peche da tenda poderedes mercar produtos na tenda e entregarllo aos voluntarios do Refuxio que alí estarán. Toda axuda vai ser ben recibida pero, como xa sabedes, agora mesmo o que máis precisamos é comida para cachorros, tanto de can como sobre todo de gato.
Non vos esquezades, contamos con vós 😉

#sincomederosvacios

#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro #ValdoDubra #Brión

Moitísimas grazas a @Kiwoko @FundacionKiwoko por contar con nós!

Cita previa

21 / 06 / 2020

31 / 12 / 2020

Non esquezas solicitar a túa cita 😉

Cita previa

12 / 05 / 2020

31 / 05 / 2020

A partir do 11 de maio e ata o final do estado de alarma, todo aquel que estea interesado en adoptar poderá acceder ó Refuxio con cita previa, que deberá concertarse ou ben por e-mail ou por teléfono.

Todo aquel que concerte unha cita, deberá acceder ó Refuxio con luvas e mascarilla.

Aviso importante

13 / 03 / 2020

Co obxectivo de frear o avance do COVID-19, o concello de Santiago de Compostela está a tomar unha serie de medidas para a prevención do contaxio. Debido a isto, a Fundación Refuxio de Animais pechará as portas ao público (incluído voluntariado) a partir de mañá sábado 14 de marzo e durante 15 días naturais, sen prexuízo das posibles prórrogas que se poidan acordar de aquí en diante polas autoridades sanitarias.
Como servizo municipal de acollida e albergue de animais extraviados e abandonados dos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Vedra, Boqueixón, Val do Dubra, Brión e Touro, informamos de que non se suspende a actividade interna do centro nin as citas previstas cos adoptantes ou para os/as propietarios/as de animais extraviados, pero tomaranse as medidas pertinentes para evitar a concentración de persoas. Así mesmo, rógase á cidadanía que realice as súas consultas de forma telemática e que acuda presencialmente só nos casos imprescindibles.
Agradecemos a colaboración de todas as persoas e agardamos que esta situación se resolva o antes posible.
Iremos informando

Nos vindeiros días imos convocar dúas reunións para todos aqueles que nos fixestes chegar a solicitude cuberta para comezar como voluntarios no Refuxio de Bando. As charlas realizaranse no propio Refuxio e as datas son:

-Venres 6 ás 12:30

-Luns 9, ás 16:30

Agradecemos que nos confirmedes asistencia. En caso de que non poidades asistir pero sigades interesados, precisamos que nolo fagades saber para chamarvos en futuras ocasións, en caso contrario teriades que volvervos inscribir.