18 Nov EDUCANDO EN RESPECTO ANIMAL
Posted at 11:43h
in
O 11 de decembro vémonos no concello de Teo nun evento que ten como tema a educación en respecto animal e no que nos fai moita ilusión poder participar. Se refuxios como o noso están ata arriba é porque segue a faltar moita concienciación: cans sen microchip, cría indiscriminada tanto de cans como sobre todo de gatos… Polo que iniciativas coma esta son moi necesarias.
Ademais de termos un posto no mercadiño de Nadal, teremos o pracer de participar cunha charla na que falaremos das consecuencias do abandono e o Refuxio.
Gardade esta data porque contamos con vós
Moitísimas grazas tanto ao concello de Teo como á persoa que está a organizar todo isto pola iniciativa e por contar con nós