13 Mar Aviso importante
Co obxectivo de frear o avance do COVID-19, o concello de Santiago de Compostela está a tomar unha serie de medidas para a prevención do contaxio. Debido a isto, a Fundación Refuxio de Animais pechará as portas ao público (incluído voluntariado) a partir de mañá sábado 14 de marzo e durante 15 días naturais, sen prexuízo das posibles prórrogas que se poidan acordar de aquí en diante polas autoridades sanitarias.
Como servizo municipal de acollida e albergue de animais extraviados e abandonados dos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Vedra, Boqueixón, Val do Dubra, Brión e Touro, informamos de que non se suspende a actividade interna do centro nin as citas previstas cos adoptantes ou para os/as propietarios/as de animais extraviados, pero tomaranse as medidas pertinentes para evitar a concentración de persoas. Así mesmo, rógase á cidadanía que realice as súas consultas de forma telemática e que acuda presencialmente só nos casos imprescindibles.
Agradecemos a colaboración de todas as persoas e agardamos que esta situación se resolva o antes posible.
Iremos informando