Aviso para os padriños e madriñas do Refuxio de Bando

Aviso para os padriños e madriñas do Refuxio de Bando

10 / 05 / 2021

Debido á aparente estabilización da COVID-19 en Galicia e a finalización do estado de alarma, desde o luns día 10 de maio retómanse os paseos dos padriños e madriñas do Refuxio de Bando cos seus cans afillados.

Tal como se estivo facer meses atrás, será obrigatorio anotarse previamente a través dos links que iremos enviando todos os venres a través dun correo electrónico. Os grupos serán reducidos, de 5 persoas por quenda entre semana e 10 en cada quenda das fins de semana, polo que para que todos teñades opción a subir, só poderedes anotarvos nunha quenda entre semana e outra en fin de semana.

Tamén será obrigatorio o cumprimento das normas básicas: uso de mascarilla en TODO momento, distancia de seguridade e hixiene de mans á chegada ó Refuxio (contaredes con xel hidroalcohólico á vosa disposición).

Os afillados serán entregados na entrada do recinto, polo que queda prohibido pasar do portalón. As normas son as mesmas para todos, así que pedimos por favor que as cumprades de maneira estrita para evitar aglomeracións e situacións que vos poidan poñer en risco a vós, ás voluntarias, traballadores e ós propios animais.

Agradecervos tamén a vosa paciencia durante estes meses de pausa da actividade dos paseos con afillados. Como ben sabedes, tivemos que darlle prioridade ás adopcións no horario no que a vosa actividade ten lugar, posto que é o pilar fundamental da Fundación. O Refuxio é un centro de residencia temporal para estes animais e así intentamos que seguise sendo durante estes meses. Porén, agardamos que a situación se manteña estable durante esta temporada e poidamos seguir mantendo esta actividade tan beneficioso para os cans do Refuxio. Agardámosvos a partir do día 10!

Os avisos serán sempre por mail, de xeito que se non vos chegan ou xa non empregados o correo electrónico que nos facilitarades, poñédevos en contacto con nós para solucionalo.