19 Nov Charla no Colexio La Salle
Posted at 22:25h
in
Hoxe estivemos no Colexio La Salle xunto cun colaborador moi especial, Fuego 😍, falando sobre a adopción responsable, o abandono e a responsabilidade que conleva ter un animal.
Como xa sinalamos en máis ocasións, é moi importante crear conciencia dende ben pequenos e a experiencia foi do máis gratificante. Fuego non se podería ter portado mellor e acabou a charla conquistando aos asistentes do mesmo xeito que xa nos ten conquistados a todos nós.
Moitísimas grazas a Sita e a Betti por contar con nós para esta actividade e, como non, moitísimas grazas a Iris e a Paula por ir en representación do Refuxio unha vez máis.