Charla no C.E.I.P. Agro do Muíño (Ames)

Charla no C.E.I.P. Agro do Muíño (Ames)

2 / 03 / 2020

12:00-14:00

Hoxe estivemos no C.E.I.P. Agro do Muíño (Ortoño, Ames) cos nenos de 1° e 2° de Educación Primaria. Unha vez máis, estivemos informando sobre a labor que se realiza no Refuxio, a problemática do abandono e a responsabildiade que conleva ter un animal.
Moitísimas grazas a todas as profes e á directora, Mari, pola organización e a Iria por botarnos unha man
Graciñas tamén ao noso enviado especial, Aluche, que segundo nos contaron quedou encantado coa experiencia e non deixou de moverse dun lado para outro para ir dar biquiños a todos os nenos e nenas que o reclamaban 😂
E graciñas unha vez máis a Iris 😘