Actividades

Luns, mércores e venres: 09:30 a 14:00

Sábados: 10:30 a 13:30

Martes e xoves: pechado

Domingos e festivos: pechado

Todas as tardes: pechado

REFERENCIA


REFUXIO DE BANDO. CONTRATACIÓN DE OBRAS DE MELLORA E MANTEMENTO NO ANO 2019

 

ESTADO DA CONTRATACIÓN


Licitación

 

TIPO DE LICITACIÓN


49.999,00€

 

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS


Ata as 23.59h do dia 20 de maio de 2019 nas oficiñas do Refuxio de Bando (Lugar de Zarramacedo – Bando s/n. 15890. Santiago de Compostela) ou no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (Rúa Salvador Allende 4, 15705, Santiago de Compostela)

 

INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN


Fundación Refuxio de Animais – Refuxio de Bando

Lugar de Zarramacedo – Bando s/n

15890 Santiago de Compostela

Teléfonos de contacto: 646 492 835 – 981 57 59 57 – 646 021 821

Correo electrónico: direccion@refuxio.gal / administracion@refuxio.gal

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS


Acordo de inicio de licitación das obras (190KB)

Prego administrativo (507 KB)

Proxecto (6.003 KB)

SUSPENDIDAS AS SAÍDAS CANS AMADRIÑADOS/APADRIÑADOS

Estimadas/os madriñas/padriños, lamentamos informar que este vindeiro sábado día 13 de abril vémonos na obriga de suspender a actividade dos paseos de cans con madriñas/padriños.

O domingo día 14 aténdese de xeito normal e no horario habitual.

Grazas pola colaboración.

Atentamente,

A Dirección

Estimadas/os madriñas/padriños, lamentamos informar que este vindeiro sábado día 30 de marzo vémonos na obriga de suspender a actividade dos paseos de cans con madriñas/padriños.

O domingo día 31 aténdese de xeito normal e no horario habitual.

Grazas pola colaboración.

Atentamente,

A Dirección

Folga xeral do 8 de marzo

7 / 03 / 2019

9 / 03 / 2019

Con motivo da folga do día 8 de marzo, este centro permanecerá pechado ao público durante ese día.

 

A Dirección

Esta fin de semana dende as 10 da mañá e ata as 9 da noite, achegámonos ao Toural en Santiago coa nosa mesa informativa e solidaria a favor do Refuxio de Bando. Invitamos a calquera persoa que desexe informarse sobre como colaborar (adopción, voluntariado, apadriñamento,…) a que se achegue ata alí. Os voluntarios do Refuxio atenderanvos con gusto e responderán a todas as vosas dúbidas.

Agardámosvos!!!

Estimadas/os madriñas/padriños, lamentamos informar que este vindeiro sábado día 16 de febreiro vémonos na obriga de suspender a actividade dos paseos de cans con madriñas/padriños.

O domingo día 17 aténdese de xeito normal e no horario habitual.

Grazas pola colaboración.

Atentamente,

A Dirección

Puntos de venda: 

  • Refuxio de Bando
  • Clínica Veterinaria Can Cat (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria San Roque (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria A Media Lúa (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria PAC de San Lázaro (Santiago de Compostela)
  • TerranovaCNC 133 (Santiago de Compostela)
  • Peludos en Compostela  (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria TeoVet (Teo)
  • Centro Veterinario Novo Milladoiro (Milladoiro)

Recén sacados da imprenta! Xa temos os calendarios para o vindeiro 2019!

Este ano en dous formatos diferentes: un de parede e un de mesa; un só cos animais do Refuxio e o outro dos animais acompañados de rostros coñecidos do panorama galego que prestaron a súa imaxe e o seu tempo para axudar nesta iniciativa.

Moitísimas grazas a todos os que colaboraron coa elaboración dos calendarios,  especialmente a Sue Rainbow tanto polas fotos, como polo deseño e a súa dedicación nas últimas semanas.
E graciñas a Gráficas Parsan pola súa paciencia e polo cariño e ilusión coa que elaboraron o calendario

Prezos:

Calendario de parede: 10€

Calendario de mesa: 6€

Lembramos a todos os usuarios do Refuxio de Bando, que o día 8 de decembro é festivo nacional e o centro permanecerá pechado.

O domingo 9 ábrese no horario habitual.

Moitas grazas.

CAMPAÑA RECOLLIDA DOAZÓNS EN TEO

5 / 12 / 2018

25 / 12 / 2018

Recollida doazóns: - Biblioteca dos Tilos, (de 16 a 19h) - Gadis dos Tilos, horario comercial

Un ano máis, Amigos Peludos Perdidos en Teo, organiza a campaña de recollida de material e alimentos a favor do Refuxio de Bando. Dende aquí agradecemos esta gran iniciativa e animamos a todo o mundo a participar nela!

Moitas grazas a todos/as!!!

https://www.facebook.com/Amigos-peludos-perdidos-en-Teo-A-Coru%C3%B1a-869861526446771/

EL CORTE INGLÉS CON LAS MASCOTAS

20 / 11 / 2018

25 / 11 / 2018

El Corte Inglés de Santiago de Compostela

#ECIconlasMascotas

O vindeiro 24 de novembro estaremos, xunto coa Asociación Abeiro, no Hipercor de Santiago de Compostela recollendo produtos para os “nosos” animais  Ide gardando esa data nas vosas axendas para facernos unha visita.

Podes doar as túas aportacións ata as 21.30h. Todo o que se done irá destinado íntegramente aos animais residentes no Refuxio de Bando.

 

AVISO A PADRIÑOS/MADRIÑAS

27 / 04 / 2018

1 / 05 / 2018

 Aviso para as madriñas e padriños do Refuxio 

Debido á celebración do Campionato do Mundo de Enduro que terá parte do seu percorrido nos arredores do Refuxio, durante este fin de semana non se poderán sacar os cans amadriñados/apadriñados, tampouco no interior do centro xa que non é viable debido ao volume de animais apadriñados. 

Sentimos as molestias e agradecemos a vosa colaboración.

Resultados do proceso selectivo no seguinte enlace: resultados

Actividade do Voluntariado: Mesa informativa e a favor de DINO

22 / 03 / 2018

1 / 04 / 2018

Praza do Toural de Santiago

 

AXUDA PARA DINO:

O voluntariado do Refuxio de Bando leva anos facendo actividades no centro de Santiago para axudar na difusión dos animais en adopción, informando á xente e recadando doazóns do público en xeral.

Ao longo do 2017 e durante este 2018, estes cartos destináronse a cirurxías e probas que precisaron os animais do Refuxio. Pero, a partir de este momento, siempre que haxa un animal ao que lle destinaremos os cartos, queremos facervos partícipes diso e que as saídas sexan cun obxectivo e por iso indicarémosvos un importe a acadar para unha cirurxía ou proba en concreto.

A saída deste mes, será o 31 de marzo a favor de DINO, un cadelo que, o 15 de xuño do 2017, alguén tirou por riba do valado do Refuxio. Dende o primeiro momento viuse que sofría unha coxeira derivada dun proceso crónico polo que se realizaron unhas probas que determinaron que o seu tratamento é unha cirurxía. Como houbo varios casos máis urxentes ca el, non foi posible facelo ata agora pero xá é o seu momento para mellorar a súa vida. O coste desta cirurxía son 400€ e solicitamos a vosa participación e axuda para poder facelo.

DINO é un can cariñoso e bó de uns 5 anos de idade e merece ter a súa oportunidade. Queres adoptalo? Non podes pero queres axudalo? Achégate á mesa que o voluntariado do Refuxio poñerá no Toural o 31 de marzo e fai a túa aportación. Agardámosche!

 

Arrancamos unha nova etapa na rede social Facebook. O obxectivo é reforzar o noso traballo de cara a conseguir os obxectivos fundacionais do Refuxio de Bando e dar adopción ou acollida aos animais chegados dende os concellos de Santiago de Compostela, Vedra e Teo.

Convidámosvos a unirvos a esta comunidade.

#RefuxiodeBando#MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo

PROCESO DE SELECCIÓN DE POSTOS DE VETERINARIO/A E DIRECTOR/RA E CONVOCATORIA SEGUINTE FASE

Por problemas de axenda, modifícanse os horarios da convocatoria para os solicitantes dos postos de veterinario/a e Dirección.

Convocatoria os membros do Padroado da Fundación Refuxio de Animais.

Proceso de selección de posto de veterinaria/o: entrevista curricular o martes 13 de marzo as 18:00 horas. Lugar Pazo de Raxoi s/n, Concello de Santiago de Compostela, Salón verde.

Proceso de selección do posto de Dirección: fase de entrevista curricular e defensa da memoria presentada ante o órgano de selección o martes 13 de marzo as 18:30 horas. Lugar Pazo de Raxoi s/n, Concello de Santiago de Compostela, Salón verde.

Publícanse a continuación os datos relativos ao proceso de selección selección de Veterinario/a e Director/Directora da Fundación Refuxio de Animais.

Enlace para os solicitantes do posto de Dirección: posto-de-direccion

Enlace para os solicitantes do posto de Veterinario/a: posto-de-veterinario-ou-veterinaria

CONVOCATORIA SEGUINTE FASE:

  • Se convoca aos solicitantes ao posto de Dirección á seguinte fase de entrevista curricular e defensa da memoria presentada ante o organo de selección o martes 13 de marzo as 16:30 horas. Lugar a determinar.
  • Se convoca aos solicitantes ao posto de veterinaria/o a unha entrevista curricular o martes 13 de marzo as 16:30 horas. Lugar a determinar.

 

 

Calendario 2018 do Refuxio de Animais

16 / 01 / 2018

16 / 05 / 2018

Ver puntos de venda

Non merques,

Adquire o novo calendario do Refuxio de Bando; por só 5€ colaborarás co Refuxio e cos preto de 300 animais residentes nel.

Podes atopalo no Refuxio de Bando ou nos seguintes puntos de venda, aos que lles agradecemos a súa colaboración.

En Santiago de Compostela:

  • Tenda de roupa ‘Ela Diz’, na R/ Nova 24
  • Clínica Veterinaria ‘San Roque’, na R/ San Roque 24
  • Tenda de alimentación e complementos para animais ‘Peludos en Compostela’, na Avda. Rosalía de Castro 29-31 (Galerías Belén – Local 118)
  • Café – Bar ‘O Trece’, na R/ Santa Clara 13
  • PAC Veterinario San Lázaro, R/ San Lázaro 108

Outros puntos de venda:

  • ‘A Bufarda’ Xoguetería, na R/ Colón 24, en Ourense
  • Na oficina de Correos de Fisterra, na R/ A Coruña s/n, en Fisterra.
  • En ‘O Café da Vila’ na R/ Ameneiral 10, en Bertamiráns (Ames).
  • No Centro Veterinario Mundo Vivo, na Avda. da Maía 50, en Bertamiráns (Ames)
  • Na Peluquería Canina e Boutique ‘Cocotín’, na Avda. da Peregrina 13, en Bertamiráns (Ames)

Se estás interesado/a en ser punto de venda do noso calendario, diríxete ao Refuxio de Bando vía mail (administracion@refuxio.gal), por teléfono en horario só de mañá (646 492 835) ou directamente no centro no horario de apertura ao público.

Moitas grazas pola vosa axuda!!

 

GALA DE NADAL POLO BENESTAR ANIMAL

14 / 12 / 2017

20 / 12 / 2017

Teatro Principal

Entradas á venda no Refuxio de Bando. Prezo: 8€

Organizan APACA e Asociación3PA. Colaboran Concello de Santiago e AI-HOSTESS.

cartel-gala-navidad-asociacion3pa_apaca_