XA ESTÁN Á VENDA OS CALENDARIOS DO REFUXIO DE BANDO

XA ESTÁN Á VENDA OS CALENDARIOS DO REFUXIO DE BANDO

28 / 12 / 2018

1 / 04 / 2019

Puntos de venda: 

  • Refuxio de Bando
  • Clínica Veterinaria Can Cat (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria San Roque (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria A Media Lúa (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria PAC de San Lázaro (Santiago de Compostela)
  • TerranovaCNC 133 (Santiago de Compostela)
  • Peludos en Compostela  (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria TeoVet (Teo)
  • Centro Veterinario Novo Milladoiro (Milladoiro)

Recén sacados da imprenta! Xa temos os calendarios para o vindeiro 2019!

Este ano en dous formatos diferentes: un de parede e un de mesa; un só cos animais do Refuxio e o outro dos animais acompañados de rostros coñecidos do panorama galego que prestaron a súa imaxe e o seu tempo para axudar nesta iniciativa.

Moitísimas grazas a todos os que colaboraron coa elaboración dos calendarios,  especialmente a Sue Rainbow tanto polas fotos, como polo deseño e a súa dedicación nas últimas semanas.
E graciñas a Gráficas Parsan pola súa paciencia e polo cariño e ilusión coa que elaboraron o calendario

Prezos:

Calendario de parede: 10€

Calendario de mesa: 6€