Actividade do Voluntariado: Mesa informativa e a favor de DINO

Actividade do Voluntariado: Mesa informativa e a favor de DINO

22 / 03 / 2018

1 / 04 / 2018

Praza do Toural de Santiago

 

AXUDA PARA DINO:

O voluntariado do Refuxio de Bando leva anos facendo actividades no centro de Santiago para axudar na difusión dos animais en adopción, informando á xente e recadando doazóns do público en xeral.

Ao longo do 2017 e durante este 2018, estes cartos destináronse a cirurxías e probas que precisaron os animais do Refuxio. Pero, a partir de este momento, siempre que haxa un animal ao que lle destinaremos os cartos, queremos facervos partícipes diso e que as saídas sexan cun obxectivo e por iso indicarémosvos un importe a acadar para unha cirurxía ou proba en concreto.

A saída deste mes, será o 31 de marzo a favor de DINO, un cadelo que, o 15 de xuño do 2017, alguén tirou por riba do valado do Refuxio. Dende o primeiro momento viuse que sofría unha coxeira derivada dun proceso crónico polo que se realizaron unhas probas que determinaron que o seu tratamento é unha cirurxía. Como houbo varios casos máis urxentes ca el, non foi posible facelo ata agora pero xá é o seu momento para mellorar a súa vida. O coste desta cirurxía son 400€ e solicitamos a vosa participación e axuda para poder facelo.

DINO é un can cariñoso e bó de uns 5 anos de idade e merece ter a súa oportunidade. Queres adoptalo? Non podes pero queres axudalo? Achégate á mesa que o voluntariado do Refuxio poñerá no Toural o 31 de marzo e fai a túa aportación. Agardámosche!