Charla no C.E.I.P. Xacinto Amigo Lera en Portomouro (Val Do Dubra)

Charla no C.E.I.P. Xacinto Amigo Lera en Portomouro (Val Do Dubra)

11 / 02 / 2020

10:00-12:00

Hoxe estivemos no C.E.I.P. Xacinto Amigo Lera en Portomouro (Val Do Dubra). Foi o primeiro centro que visitamos fóra do Concello De Santiago e non poderíamos quedar máis contentos con esta nova experiencia. Puidemos informar a todo o alumnado (entre 3 e 11 anos) sobre a labor que se realiza no Refuxio, a problemática do abandono e a responsabilidade que conleva ter un animal. Todos estiveron moi atentos e preguntaron un montón de dubidas ó final, así que esperamos que aprenderan moito
Desde aquí queremos dar as grazas a Óscar por organizar todo e contactar con nós para unha actividade tan bonita, e ó director do centro que nos fixo estar como na casa dándolle un sinfín de mecos a Aluche.
Quedamos moi contentos con cómo saíu todo e ademais o xantar estaba boísimo 😉

#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro
#ValdoDubra #Brión