Doazón d@s nen@s do CEIP Cardeal Quiroga Palacios

Doazón d@s nen@s do CEIP Cardeal Quiroga Palacios

8 / 01 / 2020

8 / 02 / 2020

Como xa vos contamos, o pasado mes de novembro estivemos no CEIP Cardeal Quiroga Palacios dando unha charla falando sobre a adopción responsable e o funcionamento do Refuxio. Isto serviu de inspiración para os máis peques que se decidiron a facer xoguetes para os cans e gatos do Refuxio, para facerlles algo máis entretida a súa estancia mentres non atopan un fogar definitivo.
Moitísimas grazas por esta iniciativa, non podía ternos feito máis ilusión 🥰 Ordes xa nos dou o seu visto bo 😻
Graciñas!!!

#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro
#ValdoDubra