Este sábado 4 de maio, o Refuxio estará na Festa da Primavera que organiza a asociación cultural do Barrio de San Pedro, en Santiago. Estaremos dende as 10.30 da mañá ata as 21h. As actividades serán todo ao longo da Rúa de San Pedro e dos Concheiros. Alí nos atoparás cos nosos cans e toda […]
Por motivos internos, o vindeiro luns 25 de novembro non os poderemos atender nos horarios habituais. A modificación produciríase na primeira hora da mañá. Os horarios quedarían do seguinte xeito: Atención ao público en xeral: o inicio da atención ao público será ás 11.30h en lugar das 9.30h. Paseo de animais apadriñados/amadriñados: cancélase o das […]
A Fundación Refuxio de Animais, terá unha mesa informativa nesta Feira de Conxo, o vindeiro día 8 (e pode que tamén o 9, pendente de confirmar). Estaremos dende ás 10.30 ata ás 20.00h. Daráse, pola mañá e pola tarde, unha breve charla informativa sobre o traballo no Refuxio. As horas das charlas tamén as confirmaremos […]
A FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMÁIS CONTARÁ CUN POSTO INFORMATIVO NA PRAZA DE GALICIA O SEGUNDO SÁBADO DE CADA MES ATA FINÁIS DE 2012 Os voluntarios do Refuxio de Bando estarán na Praza de Galicia acompañados dos nosos amigos de catro patas. As persoas que se acheguen o noso posto informativo poderán mercar camisetas e calendarios […]
Os voluntarios do Refuxio de Bando estarán en Bertamiráns, na zona onde se realiza o mercadillo os sábados, o sábado 31 de marzo cun posto informativo e con cans para adoptar. Esperámosvos!!
Un saúdo a todos os voluntarios actuais e aos novos voluntarios. Dende agora, para ser voluntario da Fundación Refuxio de Animais, hai que asistir á sesión de formación que farase o primeiro venres do mes ás 19:30, enviando un e- mail confirmando asistencia. Realizarase unha primeira sesión para todos os voluntarios da Fundación Refuxio de […]
Este venres 5 de xullo ás 19.30 realizarase a 1ª sesión de formación de novos voluntarios, que é necesaria para ser voluntario na Fundación Refuxio de Animais.
Visita a páxina web www.refuxio.gal por se houbera algunha variación: Mese de decembro - Mesas informativas e adopcións (Santiago) Decembro 1 de decembro: Praza do Toural de 16 a 21 horas. 15 de decembro: Praza do Toural de 16 a 21 horas. 22 de decembro: Praza do Toural de 11 a 21 horas. 29 de […]
O sábado 14 de xullo celebrarase a III Edición do 'Minicanmiño'. Para apuntarse envía un correo a refuxio @refuxio.gal Ver historia a do 'Minicanmiño' (pdf, 2 Mb)
Despois da gran acollida do mercadillo solidario feito o pasado 18 e 19 de decembro, a Fundación Refuxio de Animais e os voluntarios desta, aproveitando o novo ano e a chegada dos Reis Magos, imos repetir o mercadillo solidario a favor desta Fundación. Desta vez será a vindeira semana, os días 3, 4 e 5 […]