Posto informativo na Praza de Galicia

Posto informativo na Praza de Galicia

14 / 04 / 2012

1 / 05 / 2012

Praza de Galicia 16:00 horas a 20:00 horas

A FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMÁIS CONTARÁ CUN POSTO INFORMATIVO NA PRAZA DE GALICIA O SEGUNDO SÁBADO DE CADA MES ATA FINÁIS DE 2012

Os voluntarios do Refuxio de Bando estarán na Praza de Galicia acompañados dos nosos amigos de catro patas. As persoas que se acheguen o noso posto informativo poderán mercar camisetas e calendarios do refuxio, apadriñar a un dos nosos residentes ou facerse socios do refuxio. Ademáis contarán coa presencia de cadeliños e felinos residentes nas nosas instalacións que lles farán unha visita, e, quen sabe quizáis surxa unha bonita historia de amizade, como a de Dalma e Lara, adoptadas pola mesma familia, a primeira adoptada nas instalacións do refuxio e segunda na nosa saída do Minicamiño 2011 e que como se ve xa son inseparables.