30 Abr Sábado 4 de maio – O Refuxio estará na Festa da Primavera
Posted at 00:33h
in
Este sábado 4 de maio, o Refuxio estará na Festa da Primavera que organiza a asociación cultural do Barrio de San Pedro, en Santiago. Estaremos dende as 10.30 da mañá ata as 21h.
As actividades serán todo ao longo da Rúa de San Pedro e dos Concheiros. Alí nos atoparás cos nosos cans e toda a información para colaborar connosco. Achégate!