Mercadillo solidario

Mercadillo solidario

3 / 01 / 2011

5 / 01 / 2011

Santiago

Despois da gran acollida do mercadillo solidario feito o pasado 18 e 19 de decembro, a Fundación Refuxio de Animais e os voluntarios desta, aproveitando o novo ano e a chegada dos Reis Magos, imos repetir o mercadillo solidario a favor desta Fundación. Desta vez será a vindeira semana, os días 3, 4 e 5 de xaneiro, dende as 11.30 da mañá ata as 19.30 da tarde.

Dentro da actividade está prevista a venda de material de segunda mAn novo ou usado cedido de xeito gratuíto e totalmente desinteresado por voluntariado e persoas alleas ao centro.

Tamén se venderá material para animais domésticos; este material está de forma habitual no centro da Fundación sito en Lugar de Zarramacedo, Bando s/n.

Co recaudado nesta actividade, preténdese seguir co proxecto da Fundación en canto ao benestar animal se refire: xestionar adopcións, adopcións internacionais e acollidas; garantir o bo estado sanitario dos animais residentes no centro e a atención veterinaria cando o precisan; campañas de educación e concienciación sobre protección animal; difundir boas prácticas en canto a tenza de animais domésticos; etc.

A ubicación é, como na anterior ocasión, no kiosco de cristal que hai no centro da Praza Galicia de Santiago de Compostela.

Agradécese a aportación de material donado por calquera persoa que desexe colaborar na actividade.