Actividades

OS PASEOS DE BANDO

8 / 10 / 2014

31 / 12 / 2014

Refuxio de Bando

Un saúdo a tod@s padriños e madriñas do Refuxio de Bando. Aproveito para agradecer a vosa colaboración.
Apreciando a grande participación no paseo dos vosos afillad@s e os beneficios que os animais obteñen con eles, queremos aproveitar máis vosa colaboración coa posta en funcionamento dos PASEOS DE BANDO.

En que consisten os Paseos de Bando
O segundo e cuarto sábado de mes polas mañás de 11:30 a 13:00 faranse sesións de paseos dos madriños/madriñas cos seus afillados a cargo do educador canino Angel Mollá, responsable do Método Guau, que colabora co Refuxio.

Nas devanditas sesións traballarase:
– control físico: pautas para o paseo mediante un manexo adecuado da correa, evitando tiróns, o que suporá un gran beneficio para persoas e animais.
– control emocional: a través do coñecemento do comportamento do can así como dos distintos sinais que os cans expresan, poderemos resolver distintos problemas (medos, agresións, etc).
– a obediencia.
– técnicas de relaxación e traballo: aplicando as pautas do Método Tellington TTouch que mellorará a súa estanza no Refuxio e potencian a súa sociabilización.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Finalidade
De forma divertida potenciarase a sociabilización e un axeitado e relaxado comportamento dos cans do Refuxio de Bando o que facilitará a súa adopción e adaptación ao novo fogar.
Localización
Nun principio polos arredores do Refuxio, pero preténdese facer rutas, así será máis ameno e poderanos coñecer máis xente e ter máis posibilidade de que adopten o voso afillado e que colaboren co Refuxio.

Para participar hai que ser padriño/madriña da Fundación Refuxio de Animais e apuntarse no Refuxio ou na dirección veterinaria[@]refuxio.gal

Agradecementos curso TTouch

2 / 10 / 2014

30 / 11 / 2014

Participantes do curso Participantes do curso

A Fundación Refuxio de Animais agradece a Wendela Bicker, terapeuta oficial do Método Tellington TTouch a sesión que ofreceu altruistamente no Refuxio de Bando a voluntari@s e madriñas/padriños participantes no grupo de educación canina Bando Guau, que traballan cos seus afillados a cargo do educador canino Angel Moya.
O devandito método baséase en mellorar tanto o estado de saúde como mental dos animais así como a súa relación coas persoas a través de ‘toques de confianza’ consistentes en masaxes circulares, exercicios físicos e vendaxes. Puidemos apreciar os efectos beneficios de forma case instantánea.
Coas súas ensinanzas, que xa empezamos a aplicar, estamos seguros que melloraremos a estanza dos animais residentes no Refuxio, así como se facilitará a súa adopción

DSCN0945 Dous momentos do curso
DSCN0933

CONVOCATORIA PARA NOVO VOLUNTARIADO

21 / 09 / 2014

Salón de Actos da Fundación Refuxio de Animais

colabora

Con motivo da aprobación o 17 de xullo do 2013 das novas normas do voluntariado da Fundación Refuxio de Animais, ábrese o prazo para presentación de solicitudes de inscripción para dita actividade.

Os interesados terán que:

– Cubrir a solicitude do voluntariado e entregala no Refuxio no horario de atención ao público.

– Asistir á reunión informativa e formativa do voluntariado, que terá lugar o próximo domingo 21 de setembro de 2014 ás 18:30 horas.

Polo ben de todos é imprescindible o cumprimento destos requisitos para iniciarse na actividade do voluntariado.

20-21 SETEMBRO: SEMINARIO TELLINGTON TOUCH

20 / 09 / 2014

21 / 09 / 2014

cartel-final-TTouch-Santiago-

VISUALIZAR PDF: TTouch Santiago

MÉTODO GUAU, colaboradores activos da Fundación Refuxio de Animais, organiza un seminario moi interesante para os días 20 e 21 de Setembro.

Será impartido por Wendela Bicker Caarten. Terapeuta certificada do Método Tellington Ttouch®.

.: Qué é o Método Tellington TTouch®? :.

Este método único de traballar cos animais e aumentar o seu benestar, foi inventado e desenrolado por Linda Tellington–Jones, adestradora, especialista en comportamento animal e autora de libros sobre Ttouch® en animais.

O método baséase nunha maneira específica de traballos corporales, os Ttouch®, que reforzan a relaxación e a conciencia corporal do animal e tamén do ser humano. O método Tellington Touch® está baseado no respecto e colaboración mutua, ademais de establecer un sistema único de comunicación non verbal entre a persoa e o animal.

O método TTouch® está ben aceptado en países como os EEUU e resto de Europa (Inglaterra, Alemania, Francia, Italia) onde se utiliza tanto con cans como cabalos, e animais de zoolóxicos.

Máis información do TTOUCH: Páxina Web Oficial

Máis información acerca do Seminario: Método Guau

GAÑADORES CONCURSO CALENDARIO

16 / 09 / 2014

4 / 11 / 2014

Moitas grazas a todos pola vosa participación e colaboración.
Todas as vosas fotos e sentimentos son de agradecer. Por desgracia so hai 12 meses,unha portada e unha contraportada no calendario, polo que tan só poden elixirse 14 candidatos segundo número de votos e, en caso de empate, figura primeiro o animal que máis tempo residiu no Refuxio, segundo xa se expuxo nas bases do concurso.
Haberá unha alternancia dos cans e gatos máis votados, como se expoñía nas bases.
Para a contraportada, como non houbo outras especies e para que haxa o mesmo número de cans que de gatos (sete), se porá o correspondente por número de votos e como hai un empate e como suporía a eliminación dun participante, van compartir lugar.
Os resultados foron os seguintes
Nº1-PORTADA (100 votos)– No Refuxio CASTA (Data ingreso:26-5-11)—-Agora TEA (Data adopción: 13-11-11)
Nº 2- XANEIRO(100 votos)– No Refuxio PETUÑA (Data ingreso 29-6-11)——–Agora SHURI (Data adopción 10-9-11)
Nº3- FEBREIRO(13 votos)– BIO (1-6-12)————–BIO (13-11-12)
Nº4- MARZO(53 votos)– CALIXTO (18-10-13)———–AXTOR (30-12-13)
Nº5- ABRIL(13 votos)– FLAMENCO (15-9-12)———–JULIAN (6-11-12)
Nº6 MAIO (41 votos)– CANDY (29-8-2011)————-CANDY (13-1-13)
Nº7 XUÑO (12 votos)–FAXA (9-6-14)—————TIRAMISÚ (20-7-14)
Nº8 -XULLO (39 votos)–CLINTON (3-11-09)———-PUCHI (4-1-13)
Nº 9- AGOSTO(10 votos)– ARTZA (7-11-12)——-MIKA (15-12-12) e MACO (24-5-14)——–MACO(2-8-14)
Nº 10- SETEMBRO(39 votos)– SARELA (2-2-05)—–RUKA (29-6-06)
Nº 11- OUTUBRO(9 votos)–TITA (20-1-13)—–NINA TATOOINE (2-7-14)
Nº 12-NOVEMBRO (38 votos)– LEIRA (28-12-09)(24-10-10)—-LEIRA (13-10-10)(20-11-10).
Leira ingresou dúas veces no Refuxio
Nº 13 DICIEMBRE(9 votos)–NOPIC 3 (21-5-14)—–GATUPERIO (9-7-14)
Nº 14 CONTRAPORTADA(7 votos)–SPARROW (4-8-13)—-MIKI (18-3-14) e ELFILLO (5-11-11)—-GANCHO(6-11-11)

AGRADECEMENTOS A GALIDOLLY

3 / 09 / 2014

19 / 09 / 2014

Cabeceratransparente

[GALEGO]

O día 9 de agosto Galidolly (http://www.galidolly.es/p/raffle.html) organizou un evento no Hotel Gelmirez (Santiago de Compostela), na que o voluntariado estivo presente cunha mesa informativa e huchas durante a mañá. Na tarde realizouse unha rifa solidaria no que o recadado destinouse ao Refuxio de Bando.

Queremos agradecer este xesto a tódolos usuarios e participantes, así como á organización:

Tedes que estar moi orgullos@s e satisfeit@s pois gracias ao voso esforzo, imaxinación e solidariedade con estes 810€ que doastes poderá cubrirse a alimentación durante 11 días dos mais de 450 animais que diariamente residen no Refuxio. Polo cal recibide 450 veces ao día durante 11 días mostras de gratitude dos peludiños pola vosa preocupación… é mais, incluso ao longo de toda a vida de moitos deles, xa que gracias á vosa achega conseguiron ter o tempo para atopar un fogar.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Moitísimas grazas. É un honor coñecer a persoas tan marabillosas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

[CASTELLANO]

El día 9 de agosto Galidolly (http://www.galidolly.es/p/raffle.html) organizó un evento en el Hotel Gelmirez (Santiago de Compostela), en el que el voluntariado estuvo presente con una mesa informativa y huchas durante la mañana. En la tarde se realizó una rifa solidaria en la que lo recaudado se destinó al Refuxio de Bando.

Queremos agradecer el gesto a todos los usuarios y participantes, así como a la organización:

Tenéis que estar muy orgullos@s y satisfech@s pues gracias a vuestro esfuerzo, imaginación y solidaridad con los 810€ que donasteis podrá cubrirse la alimentación durante 11 días de los más de 450 animales que diariamente residen en el Refuxio. Por lo cual recibid 450 veces al día durante 11 días muestras de gratitud de esos peludiños por los que os habéis procupado… es más, incluso a lo largo de toda la vida de muchos de ellos, ya que gracias a vuestra aportación consiguieron tener el tiempo para encontrar un hogar.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡MUCHAS GRACIAS. ES UN HONOR HABER CONOCIDO A PERSONAS TAN MARAVILLOSAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Gallidolly co Refuxio de Bando – Evento blythe

9 / 08 / 2014

9 / 08 / 2014

Hotel Gelmirez, Rúa do Hórreo, 92, 15702 Santiago de Compostela

Gallidolly

O día 9 de agosto Galidolly (http://www.galidolly.es/p/raffle.html) realizarán unha actividade no Hotel Gelmirez, Rúa do Hórreo, 92, 15702 Santiago de Compostela, na que o voluntariado estará presente cunha mesa informativa e huchas dende a 10:00 da mañá.

Agradecemos moito a Gallidolly a súa invitación e a súa iniciativa solidaria de aportar os beneficios da rifa aos animais do Refuxio.

Podedes encontrar o evento da actividade en Facebook: https://www.facebook.com/events/745238708867026/?ref=ts&fref=ts

ATENCIÓN: HORARIO DE VERÁN

1 / 08 / 2014

31 / 08 / 2014

MODIFICACIÓN DO HORARIO DE APERTURA DURANTE O MES DE AGOSTO
MODIFICACIÓN DEL HORARIO DE APERTURA DURANTE EL MES DE AGOSTO

849194_97951715b

MODIFICACIÓN HORARIO DE VERANO_2014 (pdf, 180 Kb)

GALEGO

Durante este mes de Agosto cambiamos o horario de apertura ao público. En Setembro volveremos ao horario habitual.
Desculpade as molestias.

Horario de Verán:(do 01 ao 31 de Agosto de 2014, ámbolos dous incluidos)
Martes, mércores e xoves de 09:30 a 14:00.
Venres e sábados de 10:30 a 13:30
Domingo e Luns: Pechado
Festivos: Pechado
Todas as tardes: Pechado

CASTELLANO

Durante este mes cambiamos el horario, disculpad las molestias. En septiembre volvemos al horario habitual.

Horario de Verano: (del 01 al 31 de Agosto de 2014, ambos incluidos)
Martes, miércoles y jueves de 09:30 a 14:00.
Viernes y Sábados de 10:30 a 13:30
Domingo y Lunes: Cerrado
Festivos: Cerrado
Todas las tardes: Cerrado

¡Xa temos aplicación, data e horario para realizar as votacións do II Concurso Fotográfico “Calendario Solidario do Refuxio de Bando 2015”!

Data de votacións: do 04-31 de Agosto de 2014.

Tende en conta:

1. Lede ben as bases do concurso.

2. As fotos publicadas poden ser votadas dende o momento da súa publicación, polo que canto antes as subades, antes poden ser votadas e como consecuencia, poderedes recadar máis votos. ¡Sede rápidos!

3. As fotografías dos animais adoptados e o texto describindo a experiencia de adoptar, poden ser enviadas a través da aplicación de facebook ou a través do correo electrónico veterinaria[@]refuxio.gal

4. Por motivos de horario laboral, as fotos recibidas a través de e-mail, serán publicadas nas 24-48 horas seguintes á súa recepción. As recibidas a través da aplicación serán visibles ás poucas horas.

Debido ao funcionamento e os prazos de dita aplicación, e para asegurar un bo servizo, rogamos que a partir do día 28/08/14 non nos enviedes as fotos a través do email, utilizade directamente a aplicación de facebook, doutro modo non podemos comprometernos a que sexan publicadas dentro do prazo de votacións.

5. O resultado das votacións unha vez vencido o prazo, e a publicación dos gañadores, pode tardar uns días en ser anunciados oficialmente. Por favor, tende paciencia.
Gracias.


¡MOITA SORTE A TOD@S!

Anterior entrada Calendario (PDF, 60Kb)

ESCOLA DE ADOPTANTES: PRÓXIMA SESIÓN 27 XULLO

27 / 07 / 2014

27 / 07 / 2014

Salón de Actos da Fundación Refuxio de Animais

Escola de Adoptantes

PRÓXIMA SESIÓN: 27 XULLO
¡inscríbete xa!

AGORA PODERÁS COÑECER MELLOR Ó TEU NOVO COMPAÑEIRO,
PROPORCIONARLLE OS COIDADOS E A ATENCIÓN AXEITADA.
ENTENDERVOS E ASÍ COMEZAR FELICES A VOSA NOVA VIDA.

Na Fundación Refuxio de Animais, grazas á colaboración do educador canino D. Angel Mollá (Metodo Guau), empezaranse a impartir sesións formativas de iniciación aos adoptantes de cans do Refuxio para que coñezas as características do teu novo compañeiro, as súas necesidades e interpretes os sinais que lle permiten comunicarse contigo, así a incorporación ao seu novo fogar será máis doada e axeitada para todos.

Os requisitos para participar son:
Adoptar un animal do Refuxio de Bando e apuntarse no Refuxio ou no correo electrónico veterinaria[@]refuxio.gal

Localización: As sesións terán lugar no Salón de Actos da Fundación Refuxio de Animais ( Refuxio de Animais en Lg. Zarramacedo-Bando s/n).

Data e hora: Os terceiros sábados de mes os meses pares, e os domingos os meses impares (poranse cada mes as datas de forma anticipada), De 17:00 a 19:30.

As datas e horas das sesións poden modificarse, segundo a dispoñibilidade do colaborador D. Angel Mollá.

ANÍMATE, NUNCA CHE RESULTARÁ TAN DOADO ADOPTAR!!!!!

14_calendario

Este ano realizamos o II Concurso Fotográfico “Calendario Solidario do Refuxio de Bando 2015”, co cal pretendemos amosar que estes pequenos teñen a oportunidade de ser felices, e que as segundas oportunidades existen.

A través das vosas fotos, vemos o felices e adaptados que están, animando a outras persoas a adoptar e fomentando, sempre, a adopción responsable.

Para participar, podedes enviar unha ou dúas fotografías da vosa mascota adoptada na Fundación Refuxio de Animais, xunto cun pequeno texto que describa a vosa experiencia, a veterinaria[@]refuxio.gal. Tendes de prazo ata o 31 de Agosto.

Bases para participar:

– Só poderán participar fotos de animais adoptados na Fundación Refuxio de Animais (Refuxio de Bando).

– As fotografías deberán ir acompañadas do nº de ingreso do animal no centro, así como do nome que tiña no Refuxio (aparece no contrato de adopción). Indicando, ademáis, o seu nome actual.
É moi importante, xa que procuramos demostrar que os límites de tempo que deixa a Lei de Protección Animal vixente en Galicia, son insuficientes para que os animais abandonados atopen un fogar,

– Deberán ter un formato vertical, o máis aproximado ás seguintes medidas:
Ancho: 23,5 cm
Alto: 33 cm
Resolución: 300 ppp

– Poñerase unha frase que describa a experiencia obtida ao adoptar (mínimo de 10 palabras, máximo de 25).

– O prazo de envío será do 16 DE XULLO AO 31 DE AGOSTO de 2014.

– A/as fotografía/s deberán ser enviadas por correo electrónico a: veterinaria[@]refuxio.gal

Das trece fotografías máis votadas, a máis votada aparecerá na portada do calendario, e o resto aparecerán por orde de votación.

Ao enviar as fotos o participante comprometese a permitir que a Fundación Refuxio de Animais poida utilizalas con fines de protección animal.

No canto que esté listo informarémosvos o antes posible de onde e como votar.

MOITÍSIMAS GRACIAS anticipadamente pola vosa participación e colaboración. Sen vós, isto non sería posible.

calendario

V EDICIÓN DO MINICANMIÑO

14 / 06 / 2014

14 / 06 / 2014

Zarramacedo (Bando) S/N

IV Minicanmiño

QUINTA EDICIÓN DO “MINICANMIÑO” DE SANTIAGO DUN GRUPO DE “ PERREGRINOS” DA FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS.
TODOS PODEDES PARTICIPAR: VOLUNT@RIOS, PADRIÑ@S, ADOPTANTES, SIMPATIZANTES, E EN RESUMEN TÓDOLOS QUE CREAN QUE EN PROTECCIÓN ANIMAL “O MOVEMENTO DEMOSTRASE ANDANDO”

O sábado 14 de Xuño realizarase a quinta edición do ‘Minicanmiño’. Este novo grupo de ‘perregrinos da esperanza’ estará composto por un grupo duns 20 voluntari@s que guiarán a 10 cans da Fundación Refuxio de Animais, e os padriños e madriñas co seu afillado/a.
Tamén están invitados todos aqueles que adoptasen cans no Refuxio ou simplemente simpatizantes da Fundación, dos seus residentes ou da causa, para procurar demostrar que o abandono é un problema que interesa aos cidadáns e que están dispostos a participar e intentar axudar neste gran problema adoptando ou colaborando. Non fai falla que fagan a marcha completa, poden incorporarse ao longo da marcha, que coincide co último tramo do Camiño de Santiago.
Con todo isto, esperamos crear unha senda para todos aqueles que queiran colaborar cos animais do centro e atopar un fogar para eles ou para algún dos mais de 400 compañeiros que actualmente residen no Refuxio de Bando.

PLAN DO DÍA – HORARIOS

Os participantes terán que estar as 09:30 no Refuxio para recoller ao seu compañeiro do camiño, iniciando a marcha ás 10:00 no Refuxio de Bando, para chegar en torno ás 13:30-14:00 ao parque de Belvís, onde haberá xa instalada unha mesa informativa das distintas actividades e formas de colaborar coa Fundación Refuxio de Animais (voluntariado, apadriñamentos, socios, doazóns, colaboracións… etcétera.) Tamén se venderá material publicitario para recadar fondos para os animais do centro.

De 15:00 a 17:00 farase un descanso para comer e recargar baterías, (traede un bocata ou tarteira!!!).

Pola tarde, de 18:00 a 18:30 farase unha “Pasarela da Adopción” e exhibición de educación canina de cans do Refuxio, grazas á colaboración do Educador Canino Ángel Mollá. Así mostraranse aos nosos ‘perregrinos’ (afillados e outros cans do Refuxio), expoñendo a súa historia e facultades.

AOS PADRIÑOS: Animádevos, poderedes levar pola pasarela ao voso afillado e desta maneira procurar atoparlle un bo fogar. Para expor a súa historia na pasarela, precisamos que nos enviedes ao e-mail veterinaria@refuxio.gal ou levedes ao Refuxio:

– Comentario de todo aquilo polo que credes que debe coñecerse o voso afillado/a para atoparlle unha familia que lle aporte un fogar.

– Fotos, pois tentaremos que nos deixen paneis, para expoñer as historias e fotos dos cans que van a participar na pasarela. Estarían expostas ao longo do día.

PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS:

As condicións para todos aqueles que queiran participar son:

– Apuntarse nun listado no Refuxio, ou no e-mail veterinaria@refuxio.gal, indicando: nome e apelidos, e-mail, teléfono, relación con Refuxio (padriños, voluntarios, adoptantes…) , e o animal que queren levar, así coma se poden quedar pola tarde á ‘Pasarela da Adopción’.

– Terán que ir dúas persoas por can.

– Aqueles padriños/madriñas que tendes afillados dominantes, medrosos, ou incompatibles co resto dos cans que irán na marcha, non poderedes levalos pero vos asignaremos outro previamente avaliado. Desta maneira pretendemos evitar problemas entre os animais durante a realización da actividade co obxectivo de que a actividade sexa o máis divertida posible para todos.

– Os participantes irán polo lado esquerdo da estrada e levarán ao can polo lado interno ou entre os dous paseantes.

– Nunca se invadirá a estrada

– Levaranse bolsas para recoller as defecacións.

– Os padriños e madriñas terán que organizarse entre eles para facer grupos cos seus coches para volver despois ao Refuxio.
No caso de quedarse pola tarde, terán que subir aos cans ou esperar a que podamos subilos nós. Rogamos un pouco de paciencia.

As condicións para todos aqueles que queiran participar na camiñata son as mesmas que para o resto dos compoñentes.

Quen se queira unir á marcha pode facelo ao longo da ruta.

PRAZO PARA APUNTARSE ATA O 7 DE XUÑO

Sempre hai algunha maneira de axudar, solo hai que animarse. Moitas grazas por anticipado pola vosa participación.

VERSIÓN EN CASTELÁN / VERSIÓN EN CASTELLANO – (DOCUMENTO.DOC)

ESCOLA DE ADOPTANTES

17 / 05 / 2014

17 / 05 / 2014

Salón de Actos da Fundación Refuxio de Animais

Escola de Adoptantes

AGORA PODERÁS COÑECER MELLOR Ó TEU NOVO COMPAÑEIRO,
PROPORCIONARLLE OS COIDADOS E A ATENCIÓN AXEITADA.
ENTENDERVOS E ASÍ COMEZAR FELICES A VOSA NOVA VIDA.

Na Fundación Refuxio de Animais, grazas á colaboración do educador canino D. Angel Mollá (Metodo Guau), empezaranse a impartir sesións formativas de iniciación aos adoptantes de cans do Refuxio para que coñezas as características do teu novo compañeiro, as súas necesidades e interpretes os sinais que lle permiten comunicarse contigo, así a incorporación ao seu novo fogar será máis doada e axeitada para todos.

Os requisitos para participar son:
Adoptar un animal do Refuxio de Bando e apuntarse no Refuxio ou no correo electrónico veterinaria[@]refuxio.gal

Localización: As sesións terán lugar no Salón de Actos da Fundación Refuxio de Animais ( Refuxio de Animais en Lg. Zarramacedo-Bando s/n).

Data e hora: Os terceiros sábados de mes os meses pares, e os domingos os meses impares (poranse cada mes as datas de forma anticipada), De 17:00 a 19:30.

As datas e horas das sesións poden modificarse, segundo a dispoñibilidade do colaborador D. Angel Mollá.

ANÍMATE, NUNCA CHE RESULTARÁ TAN DOADO ADOPTAR!!!!!

Este sábado día 10 de maio estaremos no Mercado da Chuvia

10 / 05 / 2014

10 / 05 / 2014

Centro comercial de Área Central - Santiago de Compostela

Como xa adiantaramos a comenzos de ano, a Fundación Refuxio de Animais estará presente ao longo deste ano 2014, como xa estivo no 2013, na celebración do Mercado da Chuvia, organizado polo centro comercial Área Central de Santiago de Compostela.

Realizarase o segundo sábado de mes en horario de 11 á 20 h, ininterrumpidamente.

No posto do Refuxio, atoparás información sobre a Fundación, sobre as formas de colaborar e o noso traballo. Ademáis, poderás adquirir material do centro, productos feitos polo voluntariado, asociacións colaboradoras do Refuxio e algúns artesanos que nos ceden o seu traballo.

Agradecemos de antemán a colaboración de todos eles e vos invitamos a que participedes connosco nesta actividade.

O domingo 9 de marzo, a o centro profesional de actividades deportivas e artísticas DANZAYA, actuará no Pabellón Polideportivo de Brión co motivo da celebración do Entroido 2014. A representación irá dirixida a concienciar e sensibilizar no tema do abandono de animais. Comezará co desfile do Entroido as 16.30h, saída dende a Carballeira de Santa Minia, e continuará ata o Polideportivo (en caso de choiva, directamente no Polideportivo)

Moitas grazas Daniela! e moitas grazas a todas e todos os que colaboran nesta actuación pola vosa gran iniciativa, preocupación, esforzo e traballo para concienciar sobre unha problemática tristemente de vixente actualidade no que a colaboración cidadana é fundamental.

AVISO: lugar e horarios da clases teóricas do curso presencial

1 / 02 / 2014

22 / 02 / 2014

Casa da Asociación, na R/ Manuel Beiras - Santiago de Compostela

As clases teóricas do Curso presencial dirigido a trabajadores, voluntarios y padrinos relacionados con el Refuxio de Bando serán os días 15 e 22 de febrero, impartiránse na CASA DAS ASOCIACIÓNS, na R/ Manuel Beiras, en Santiago. O horario é de 17:00 h a 20.30h.

método guau
El objetivo es educar a los perros del Refugio para poder facilitar su salida en adopción. Para ello debemos formar a aquellos que traten con los animales.

Dirigido a: trabajadores, voluntarios y padrinos relacionados con el Refuxio de Bando.

TEMARIO

Primer fin de semana. Comportamiento normal del perro.

Teórico

  • Comportamiento normal del perro.
  • El lenguaje de los perros: cómo leerlo y entenderlo.
  • Las emociones de los perros: manejo de los estados de ánimo en condiciones
  • normales.

Práctico

  • Entrenamiento de atención y seguimiento.
  • Creación de conductas básicas: sentado, tumbado y quieto.

Segundo fin de semana. Agresión canina

Teórico

  • Definición y generalidades.
  • Etiología y fisiopatología.
  • Clasificación de agresividades.
  • Tratamiento: técnicas para la modificación del comportamiento.

Práctico

  • El paseo.
  • Técnicas de desensibilización y contracondicionamiento.

Tercer fin de semana. Miedo

Teórico

  • Definición y generalidades.
  • Factores de riesgo.
  • Etiología y fisiopatología.
  • Clasificación.
  • Tratamiento: técnicas para la modificación del comportamiento.

Práctico

  • El paseo.
  • Técnicas de desensibilización y contracondicionamiento.

Los alumnos que deseen asistir a los fines de semana de Agresión canina o Miedo, deben realizar la primera parte Comportamiento natural del perro, para complementarla a su elección.

Para la parte práctica los alumnos seleccionarán a un perro para poner en práctica las técnicas aprendidas.

HORARIO

Sábado – parte teórica

  • De 16:30 a 17:30 clase
  • De 17:30 a 17:45 descanso
  • De 17:45 a 19:00 clase
  • De 19:00 a 19:15 descanso
  • De 19:15 a 20:00 resolución de dudas.

Domingo – parte práctica.

  • De 16:30 a 19:00 clase (con sus respectivos descansos)
  • De 19:00 a 20:00 resolución de dudas.

SESIÓNS DE MANEXO CANINO

30 / 12 / 2013

27 / 01 / 2014

Refuxio de Bando

Ola a tod@s

En febreiro iniciaremos unhas xornadas impartidas por parte de Angel Mollá, educador canino,  como xa nos comentou nas pasadas sesións feitas no Refuxio para voluntarios, empregados, padriños/madriñas e socios.

As sesións teñen por fin o manexo dos cans do Refuxio para que sexa máis fácil a súa adopción.
Anímate, será divertido e moi beneficioso para tod@s

concurso de fotografia
Lugar, data e horario
As sesións faránse no Refuxio os venres, sábados e domingos de 16:00 a 20:00.

Quen pode participar?
Será para empregados do Refuxio, voluntarios, socios e padriños/madriñas. O primeiro día será parte teórico e o segundo e terceiro práctico.

Descargar temario (pdf, 780 kb)

Cómo apuntarse?
Quen desexe participar, ten que enviar un correo-e a veterinaria@ refuxio.gal indicando en que sesión ou sesions participarán. O prazo máximo para apuntarse será ata o 26 de xaneiro.

Podedes tamén apuntarvos só a parte teórica e non á práctica.

Rógase seriedade na participación, de xeito que quen se apunte, asista as sesións, por respecto ao  educador canino Angel Mollá.
Agradecemos de antemán o esforzo e axuda que Ángel aportará ao Refuxio con estas sesións, esperando que máis animais podan ser adoptados.