Actividades

Recollida de alimentos para os animais do Refuxio de Bando

28 / 01 / 2016

6 / 03 / 2016

Alcampo - Área Central Santiago

Se desexas colaborar co Refuxio, podes participar nesta iniciativa que terá lugar o vindeiro 5 de marzo no Alcampo situado na Centro Comercial Área Central de Santiago. A finalidade desta actividade será recadar alimentos para os animais residentes no Refuxio de Bando. Podes colaborar achegándote ao noso posto e doando o que ti prefiras: alimento seco para cans e gatos, alimento húmido ou area para gatos e incluso lambetadas! Toda axuda, por pequena que sexá, é benvida!

LUGAR: Alcampo – Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela

DÍA: 5 de marzo

HORARIO: 10:00h a 20:00h

Contamos contigo!!

O Refuxio de Bando en Decathlon Santiago

28 / 01 / 2016

7 / 02 / 2016

Decathlon Santiago - Polígono Costa Vella

O vindeiro día 6 de febreiro, poñeremos unha mesa informativa do Refuxio no Decathlon de Santiago de Compostela. Estaremos de 10:00 a 20:00h con material do Refuxio para a venda e recadación de doazóns para o funcionamento do centro. No mesmo sitio poderás facerte socio, apadriñar, recibir información sobre adopción, acollida, etc.

Moitas grazas ao persoal de Decathlon pola súa colaboración!!

Non o dubides, ven visitarnos!

MERCADILLO SOLIDARIO NADAL

12 / 12 / 2015

21 / 12 / 2015

CAC - Parque de Belvís

Programa da actividade

CONVOCATORIA NOVOS VOLUNTARIOS

14 / 08 / 2015

27 / 09 / 2015

Refuxio de Bando

O vindeiro domingo 27 de setembro terá lugar a sesión de iniciación para novos voluntarios da Fundación Refuxio de Animais. O lugar da xuntanza será no propio Refuxio de Bando (Lg. de Zarramacedo – Bando s/n) as 19h.

Se queres ser voluntario, apúntate á reunión no propio Refuxio ou infórmate no mail refuxio@refuxio.gal ou nos teléfonos 646 492 835 – 981 57 59 57 (no horario de atención ao público)

Ficha voluntariado

SEXTA EDICIÓN DO «MINICANMIÑO» DE SANTIAGO DUN GRUPO DE «PERREGRINOS» DA FUNDACION REFUXIO DE ANIMAIS.

TOD@S PODEDES PARTICIPAR: VOLUNTARI@S, PADRIÑOS E MADRIÑAS, ADOPTANTES, SIMPATIZANTES, EN RESUMO QUEN CREA QUE NA PROTECCIÓN ANIMAL
«O MOVEMENTO SE DEMOSTRA ANDANDO»

foto

O sábado 27 de xuño realizarase a sexta edición do «Minicanmiño». Este novo grupo de «perregrinos da esperanza» estará composto por uns 20 voluntari@s e colaborador@s, que guiarán 10 cans da Fundación Refuxio de Animais e os padriños e madriñas con seu afillado.

Tamén están invitados tod@s aquel@s que adoptaran cans no Refuxio ou simplemente simpatizantes da Fundación, dos seus residentes ou da causa, para procurar demostrar que o abandono é un problema que lle interesa á cidadanía e que está disposta a participar e intentar axudar neste gran problema adoptando ou colaborando. Non fai falta que fagan a marcha completa, poden incorporarse en calquera punto do seu percorrido, que coincide co último tramo do Camiño de Santiago.

Con todo isto esperamos crear unha senda para todas as persoas que queiran colaborar cos máis de 450 animais do Refuxio e atoparlles un bo fogar.

Os participantes terán que estar ás 09:30 no Refuxio de Bando para recoller o seu compañeiro de camiño, iniciar a marcha ás 10:00 e chegar arredor das 13:30-14:00 á praza do Toural, onde teremos un posto informativo das distintas actividades e formas de colaborar coa Fundación Refuxio de Animais (voluntariado, apadriñamentos, socios, doazóns, colaboracións, etc.). Tamén se venderá material publicitario para recadar fondos para os animais do Centro.

De 15:00 a 17:00 farase un descanso para comer e recargar baterías, (traede un bocata ou tarteira!!!). Ao longo da tarde daranse paseos por Santiago para difundir os residentes do Refuxio.

 

As condicións para todas as persoas que queiran participar son:

—      Apuntarse na listaxe no Refuxio, ou no correo electrónico veterinaria@refuxio.gal, indicando nome e apelidos, correo-e, teléfono, relación co Refuxio (padriños/madriñas, voluntari@s, adoptantes…), animal que vai levar (afillado, adoptado, etc.), se van quedar todo o día, se van subir algún can.

—      Levar chaleco reflector do coche (pois imos por estrada).

—      Ir dúas persoas por can.

—      Aqueles padriños/madriñas que tedes afillados dominantes ou demasiado medorentos ou incompatibles co resto de cans que van saír, non poderedes levalos pero si se vos asignará outro previamente avaliado. Con isto queremos evitar problemas entre os animais durante a realización da actividade para que resulte o máis divertida posible para tod@s.

—      Os participantes irán polo lado esquerdo da estrada e levarán o can polo lado interno ou entre os dous paseantes.

—      Nunca se invadirá a estrada.

—      Levaranse bolsas para recoller as defecacións.

—      Levar auga e bebedeiros para os canciños.

—      Os padriños/madriñas terán que organizarse entre eles para facer grupos cos seus coches para volver despois ao Refuxio.

—      En caso de non quedar pola tarde, terán que subir os cans ou esperar a que poidamos subilos, rogamos un pouco de paciencia.

As condicións para todas as persoas que queiran participar na camiñada son as mesmas que para o resto de compoñentes.

Quen queira unirse á marcha pode facelo ao longo da ruta.

PRAZO PARA APUNTARSE ATA O 20 DE XUÑO (visitar a nosa páxina para máis información www.refuxio.gal)

Sempre hai algún xeito de axudar, só hai que animarse. Moitas grazas por anticipado pola vosa participación!

DIA DO CAN SEN RAZA – Praza do Toural 28 de maio

26 / 05 / 2015

28 / 05 / 2015

Praza do Toural de Santiago de Compostela

Este vindeiro xoves 28 de maio, celébrase o Día do Can sen Raza.O Refuxio únese a esta iniciativa promovida por 20minutos e anímavos a participar nela.

Estaremos na Praza do Toural de 11.30 a 21.00 horas este xoves para celebralo.

Podes ler o manifesto que promove este dia no seguinte ligazón:

http://www.20minutos.es/esp…/dia-perro-sin-raza/manifiesto/…modulo

O Refuxio de Bando na FESTA DO COMERCIO

12 / 05 / 2015

16 / 05 / 2015

Praza Roxa de Santiago de Compostela

O Refuxio de Bando estará este sábado na Festa do Comercio do Ensanche organizada por Santiago Centro, Área Comercial. Moitas gracias pola invitación!

Vinde a desfrutar con nós da Pasarela da Adopción, entre ás 13 e ás 14h do sábado.

Ademáis, en torno ás 13.30 h, poderás gozar cunha sesión a cargo do educador canino Ángel Mollá, colaborador do Refuxio, que xunto ás madriñas e padriños do Refuxio e os seus afillados, nos mostrarán outra parte do traballo do centro.

Tamén teremos un punto informativo na Praza ao longo de todo o día, dende as 11 ata as 21 h.

Vémonos este sábado en Santiago Centro!

O Mercado da Chuvia pecha as súas portas ata novo aviso. Dende a Fundación Refuxio de Animais queremos agradecer a colaboración prestada en todo momento pola organización do Mercado.

Tamén dar as grazas a todos aqueles e aquelas que colaborastes e que vos achegastes ao posto do Refuxio para informarvos sobre adopcións, acollidas, colaboracións,… ou para interesarvos polo noso traballo.

Vémonos de novo á volta!!

 

En 2015 o REFUXIO seguirá estando no MERCADO DA CHUVIA

10 / 02 / 2015

6 / 05 / 2015

Centro comercial de Área Central - Santiago de Compostela

A Fundación Refuxio de Animais estará presente ao longo deste ano 2015, como xa estivo no 2014, na celebración do Mercado da Chuvia, organizado polo centro comercial Área Central de Santiago de Compostela.

Realizarase o segundo sábado de mes en horario de 11 a 20h, ininterrumpidamente.

No posto do Refuxio, atoparás información sobre a Fundación, sobre as formas de colaborar e o noso traballo. Ademáis, poderás adquirir material do centro, productos feitos polo voluntariado, asociacións colaboradoras do Refuxio e algúns artesanos que nos ceden o seu traballo.

Agradecemos de antemán a colaboración de todos eles e vos invitamos a que participedes connosco nesta actividade

Convocatoria novos voluntarios

29 / 01 / 2015

8 / 03 / 2015

Refuxio de Bando

O vindeiro día 7 de marzo ás 19 h celebrarase a próxima reunión formativa
e informativa de novos voluntarios da Fundación Refuxio de Animais.
Os interesados poderán inscribirse no Refuxio de Bando (Lg. de Zarramacedo – Bando s/n) nos horarios de atención ao público (luns, mércores e venres de 9.30 a 14 h e sábados e domingos de 10.30 a 13.30 h, pechado festivos) ata o venres 6 de marzo, incluído.

Agradecemento a Hipercor Santiago

29 / 01 / 2015

29 / 03 / 2015

Durante o ano 2014, o centro comercial Hipercor de Santiago de Compostela doou ao Refuxio de Animais de Bando unha grande cantidade de penso, comida húmida (latas), leite para cachorros, area gato, lambetadas para cans e gatos, comederos, xoguetes, etc. Dito material foi de gran axuda para o centro e foi empregado na súa totalidade nos máis de 500 animais residentes no Refuxio.
Dende aquí queremos agradecer estas doazóns e quedamos ao dispor deste centro comercial para, ao longo deste ano 2015, seguir mantendo esta colaboración.
Tamén agradecer ao voluntariado e ao persoal do Refuxio que fixo posible tanto as recollidas como a posterior contaxe e distribución dos materiais doados.

Hipercor 10-12-14 008DONACIONES 004

 

 

 

 

Imáxenes de parte do material doado

 

 

SESIÓNS TEÓRICAS ADOPTANTES

16 / 01 / 2015

12 / 12 / 2015

Dende este mes de febreiro, as clases de evaluación e asesoramento para os titulares dos animais adoptados no Refuxio ao longo do ano 2015, realizaranse o terceiro sábado de cada mes en horario de tarde. Para incrementar aínda máis a efectividade das sesións, a partir de agora serán individualizadas cunha duración de 45 minutos por sesión. Pódeste anotar no Refuxio no noso horario de atención ao público.

Trala impresión do calendario 2015, decatámonos de que hai un erro no mes
de setembro (o día 1 de setembro é martes) e outro no mes de decembro (falta o día 31). Queremos pedir desculpas por iso e polas molestias que poidan ocasionar estes erros.
Tamén queremos emendalos polo que todas aquelas persoas que adquiriron solidariamente calendarios do Refuxio poden pasar polas instalacións do Refuxio de Bando (sitas en Lg.de Zarramacedo – Bando s/n, 15890 de Santiago de Compostela) co/os calendario/s adquirido/s e cambiaránselles por outros corrixidos.
Novamente desculpen as molestias e grazas pola súa comprensión.

Mercado da Chuvia 13 e 14 de decembro

13 / 12 / 2014

14 / 12 / 2014

Área Central de Santiago de Compostela

A vindeira fin de semana do 13 e 14 de decembro, estaremos no Mercado da Chuvia que organiza o Área Central en Santiago de Compostela.
O noso horario é, como sempre, de 11:00 – 20:30h.
Alí poderás atopar toda a información que necesites sobre formas de colaborar co Refuxio, os animais que residen nel, a nosa actividade e moito máis. Achégate!!!!

Arco Artesanía realiza artesanía personalizada para a túa mascota. Lembra decir que vas de parte do Refuxio ao realizar a túa compra e Arco Artesanía doará o 10% do importe ao Refuxio.Farás un bonito regalo a túa mascota e axudarás aos animais que aínda non teñen fogar.

Podes ver o traballo que realizan no Facebook ‘Arco Artesanía’ ou contactar a través do correo electrónico arcoartesania[@]hotmail.com

Grazas pola túa colaboración.

O venres 12, tamén estaremos no Centro Sociocultural de Fontiñas, de 16.30 a 20.00h co fin de achegar o Refuxio ata todos os cidadáns.
Neste posto atoparás unha Mesa Informativa do Refuxio onde tamén poderás colaborar con el, informarte sobre o nosa actividade e moito máis.

Calendario 2015

7 / 11 / 2014

15 / 02 / 2015

0_PORTADA (1)

Podes adquirilo no Refuxio de Animais ou nalgún dos seguintes puntos de venda:

No Concello de Santiago,

– Clínica Veterinaria ‘Rosalía de Castro’, en R/ Rosalia de Castro
– Clínica Veterinaria ‘La Camelia’, en R/ Santiago de Chile
– Clínica Veterinaria ‘Amigos’, na Avda. de Lugo
– Librería Toural, na Praza do Toural

No Concello de Ames,

– Clínica Veterinaria ‘A Media Lúa’, na R/ Costa Grande (Milladoiro)
– Estudio-Tienda-Taller ‘Lápices’, na R/ do Agrelo (Bertamiráns)

 

Xa temos á venda lotería de Nadal da Fundación Refuxio de Animais. Podes adquirilo no Refuxio de Animais ou nalgún destes puntos de venda:

No concello de Santiago de Compostela:

  • Clínica Veterinaria ‘La Rosa’, na R/ La Rosa
  • Clínica Veterinaria ‘Rosalía de Castro’, na R/ Rosalia de Castro
  • Clínica Veterinaria ‘La Camelia’, na R/ Santiago de Chile
  • Pastelería – Confitería ‘La Azalea’, na R/ Galeras
  • Clínica Veterinaria ‘Amigos’, na Avda. de Lugo
  • Librería Toural, na Praza do Toural

No concello de Ames:

  • Clínica Veterinaria ‘A Media Lúa’, na R/ Costa Grande (Milladoiro)
  • Estudio-Tienda-Taller ‘Lápices’, na R/ do Agrelo (Bertamiráns)