VI edición do MINICANMIÑO – 27 de xuño 2015

VI edición do MINICANMIÑO – 27 de xuño 2015

11 / 06 / 2015

28 / 06 / 2015

SEXTA EDICIÓN DO «MINICANMIÑO» DE SANTIAGO DUN GRUPO DE «PERREGRINOS» DA FUNDACION REFUXIO DE ANIMAIS.

TOD@S PODEDES PARTICIPAR: VOLUNTARI@S, PADRIÑOS E MADRIÑAS, ADOPTANTES, SIMPATIZANTES, EN RESUMO QUEN CREA QUE NA PROTECCIÓN ANIMAL
«O MOVEMENTO SE DEMOSTRA ANDANDO»

foto

O sábado 27 de xuño realizarase a sexta edición do «Minicanmiño». Este novo grupo de «perregrinos da esperanza» estará composto por uns 20 voluntari@s e colaborador@s, que guiarán 10 cans da Fundación Refuxio de Animais e os padriños e madriñas con seu afillado.

Tamén están invitados tod@s aquel@s que adoptaran cans no Refuxio ou simplemente simpatizantes da Fundación, dos seus residentes ou da causa, para procurar demostrar que o abandono é un problema que lle interesa á cidadanía e que está disposta a participar e intentar axudar neste gran problema adoptando ou colaborando. Non fai falta que fagan a marcha completa, poden incorporarse en calquera punto do seu percorrido, que coincide co último tramo do Camiño de Santiago.

Con todo isto esperamos crear unha senda para todas as persoas que queiran colaborar cos máis de 450 animais do Refuxio e atoparlles un bo fogar.

Os participantes terán que estar ás 09:30 no Refuxio de Bando para recoller o seu compañeiro de camiño, iniciar a marcha ás 10:00 e chegar arredor das 13:30-14:00 á praza do Toural, onde teremos un posto informativo das distintas actividades e formas de colaborar coa Fundación Refuxio de Animais (voluntariado, apadriñamentos, socios, doazóns, colaboracións, etc.). Tamén se venderá material publicitario para recadar fondos para os animais do Centro.

De 15:00 a 17:00 farase un descanso para comer e recargar baterías, (traede un bocata ou tarteira!!!). Ao longo da tarde daranse paseos por Santiago para difundir os residentes do Refuxio.

 

As condicións para todas as persoas que queiran participar son:

—      Apuntarse na listaxe no Refuxio, ou no correo electrónico veterinaria@refuxio.gal, indicando nome e apelidos, correo-e, teléfono, relación co Refuxio (padriños/madriñas, voluntari@s, adoptantes…), animal que vai levar (afillado, adoptado, etc.), se van quedar todo o día, se van subir algún can.

—      Levar chaleco reflector do coche (pois imos por estrada).

—      Ir dúas persoas por can.

—      Aqueles padriños/madriñas que tedes afillados dominantes ou demasiado medorentos ou incompatibles co resto de cans que van saír, non poderedes levalos pero si se vos asignará outro previamente avaliado. Con isto queremos evitar problemas entre os animais durante a realización da actividade para que resulte o máis divertida posible para tod@s.

—      Os participantes irán polo lado esquerdo da estrada e levarán o can polo lado interno ou entre os dous paseantes.

—      Nunca se invadirá a estrada.

—      Levaranse bolsas para recoller as defecacións.

—      Levar auga e bebedeiros para os canciños.

—      Os padriños/madriñas terán que organizarse entre eles para facer grupos cos seus coches para volver despois ao Refuxio.

—      En caso de non quedar pola tarde, terán que subir os cans ou esperar a que poidamos subilos, rogamos un pouco de paciencia.

As condicións para todas as persoas que queiran participar na camiñada son as mesmas que para o resto de compoñentes.

Quen queira unirse á marcha pode facelo ao longo da ruta.

PRAZO PARA APUNTARSE ATA O 20 DE XUÑO (visitar a nosa páxina para máis información www.refuxio.gal)

Sempre hai algún xeito de axudar, só hai que animarse. Moitas grazas por anticipado pola vosa participación!