NOVAS: VOTACIÓNS – II Concurso Fotográfico “Calendario Solidario do Refuxio de Bando 2015”

NOVAS: VOTACIÓNS – II Concurso Fotográfico “Calendario Solidario do Refuxio de Bando 2015”

1 / 08 / 2014

31 / 08 / 2014

¡Xa temos aplicación, data e horario para realizar as votacións do II Concurso Fotográfico “Calendario Solidario do Refuxio de Bando 2015”!

Data de votacións: do 04-31 de Agosto de 2014.

Tende en conta:

1. Lede ben as bases do concurso.

2. As fotos publicadas poden ser votadas dende o momento da súa publicación, polo que canto antes as subades, antes poden ser votadas e como consecuencia, poderedes recadar máis votos. ¡Sede rápidos!

3. As fotografías dos animais adoptados e o texto describindo a experiencia de adoptar, poden ser enviadas a través da aplicación de facebook ou a través do correo electrónico veterinaria[@]refuxio.gal

4. Por motivos de horario laboral, as fotos recibidas a través de e-mail, serán publicadas nas 24-48 horas seguintes á súa recepción. As recibidas a través da aplicación serán visibles ás poucas horas.

Debido ao funcionamento e os prazos de dita aplicación, e para asegurar un bo servizo, rogamos que a partir do día 28/08/14 non nos enviedes as fotos a través do email, utilizade directamente a aplicación de facebook, doutro modo non podemos comprometernos a que sexan publicadas dentro do prazo de votacións.

5. O resultado das votacións unha vez vencido o prazo, e a publicación dos gañadores, pode tardar uns días en ser anunciados oficialmente. Por favor, tende paciencia.
Gracias.


¡MOITA SORTE A TOD@S!

Anterior entrada Calendario (PDF, 60Kb)