Actividades

SÁBADO 21 e DOMINGO 22 estaremos no MERCADILLO DE NADAL na Alameda

21 / 12 / 2013
11:00 a.m. - 11:00 a.m.
Alameda - Santiago de Compostela

Este sábado 21 e domingo 22 desde ás 16:00 ata ás 21:00 h estaremos no Mercadillo da Alameda, nas casetas onde está a pista de xeo.

Pódense mercar calendarios, agasallos solidarios, adornos solidariose e … últimos boletos da lotería de Nadal.

SÁBADO 14 e DOMINGO 15 estaremos no MERCADO DA CHUVIA

14 / 12 / 2013
15 / 12 / 2013
10:00 a.m. - 5:18 p.m.
Centro comercial de Área Central - Santiago de Compostela

Colaboradora RefuxioO próximo sábado 14 e domingo 15 de decembro de novo, grazas á colaboración da organización do MERCADO DA CHUVIA, o Refuxio de Bando contará de novo cun posto co material artesanal feito por voluntarios ou distintas asociacións, escolas e artesáns para recolectar fondos para os animais que acolle o Centro.
É unha boa ocasión para facer as compras de Nadal de xeito que non só farás un agasallo a quen máis queiras mercando material do Refuxio, senón que farás un agasallo aos máis dos 450 animais que residen diariamente no Centro.
Ademáis podes adquirir lotería de Nadal, que sempre toca, e ter a oportunidade de conseguir un calendario que encheará de Leticia cada mes do vindeiro 2014, pois os seus protagonistas son “EXRESIDENTES” do Refuxio, pois tiveron a gran suerte de atopar un fogar.

Lembrade que estaremos en Área Central dende ás 11:00 ata ás 21:00 horas. Unha cadela da Fundación acompañaranos.

Faránse dous talleres sobre: etoloxía e coidados de cans e gatos nos horarios:

12:00-13:00
19:00-20:00

Con esta actividade preténdese achegar aos animais de compañía: cans e gatos aos cidadáns, dando importancia as súas necesidades e comportamento, que polo seu descoñecemento en moitos casos son causa do abandono ou maltrato.

A Fundación agradece a colaboración da organización do MERCADO DA CHUVIA, AÁea Central e de voluntarios, colaboradores que nos permiten acercar ao cidadán os animais de compañía, informar das maneiras de axudar cos animais do Refuxio e de recoller cartos.

CALENDARIOS 2014 – Mención especial a GATO e MIKA

13 / 12 / 2013
31 / 12 / 2013
8:00 a.m. - 8:00 p.m.

Xa temos preparados os calendarios do 2014, pódense mercar no Refuxio e no Mercado da Chuvia os días 14 e 15 de decembro en Área Central no posto onde os esperamos. Máis adiante expoñeranse os distintos puntos de venda. O coste é de 5€.

Agradecemos a todos os participantes a súa colaboración e todos aqueles que votaron e que colaboraron na súa elaboración.

Temos que facer unha mención especial a dous dos participantes, que por motivo do pouco tempo que tiñamos para a súa elaboración non os puidemos incluír:

  • O can “GATO”, o Refuxio non puido poñerse en contacto co seu dono, e non sabíamos se era adoptado no Refuxio e de quen se trataba.
  • A gatiña “MIKA”, comunicámoslle que identificara ao animal adoptado, pero non nos respondeu a tempo.

Agradecemos moito a súa colaboración e pedímoslles desculpas, mais como foi exposto no modelo da convocatoria para a elaboración do calendario, era necesario que foran adoptados no Refuxio e identificar ao animal adoptado, pois como veredes quixemos amosar que a maior parte dos animais de Centros de acollida son adoptados nos prazos maiores que especifica a Lei de Protección Animal.

Porén, como xa comentamos, imos facer unha exposición en vista das encantadoras fotos e impresións dos adoptantes. Xa daremos novas do evento.

GATO: Gato es una perra estupenda llena de energía y cariño. Le encanta correr, acurrucarse en la cama y tomar el sol.
MIKA: Se nos cayó el alma al suelo cuando vimos la gran cantidad de gatos entre los que tendríamos que escoger… pero ella nos escogió a nosotros.

CALENDARIO SOLIDARIO DO REFUXIO 2014 – Selección

29 / 11 / 2013
11 / 12 / 2013
3:17 p.m. - 4:17 p.m.

Os elexidos polos vosos votos para o Calendario da Fundación Refuxio de Animais 2014 según os requisitos de ser adoptados no Refuxio e que tan só poderían ser 6 cans e 6 gatos, os resultados son os que os comunicamos.

Engadimos dous máis para a portada e contra portada. E como era unha pena que o resto de participantes no figuraran no calendario, ideamos un xeito para que tamén aparezcan.

Como xa comentamos os animais non adoptados no Refuxio non poidemos incluílos, mais é de agradecer a gran labor de toda persoa que adopta en vez de mercar sexa onde sexa.

Como xa comentamos, imos a facer unha exposición con todas as fotos e máis as que envieis, pero aínda estamos estudando como e onde facelo. Xa se comunicará.

Ante todo creemos que tanto os que participastedes neste calendario como todos os que non participaran ou foran adoptados en outros Refuxios sen lugar a dúbidas son gañadores e protagonistas de cada dia e cada ano da vida de todos os que amamos aos animais.

Moitas grazas pola vosa axuda, sen ela non poderíamos facer nada.

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

concurso de fotografia

Queremos agradecervos unha vez máis a participación na creación do Calendario Solidario do Refuxio para o ano 2014 xa que, a pesar do pouco tempo do que dispuxemos, tivemos preto de 50 participantes e casi 900 votacións. De todos os participantes con animais adoptados no Refuxio, os 6 cans e os 6 gatos con maior número de votos serán os que protagonicen os 12 meses do calendario. O resto de participantes tamén terán o seu oco dalgún xeito nel. E aos participantes que enviastes fotos dos vosos animais adoptados noutros centros, aínda que non aparezades no calendario, novamente felicitarvos por tomar a adopción como a vosa opción.

Gozamos moito vendo estes animais adoptados nos seus fogares ou nos seus paseos cotiáns e coas palabras que lles dedicades aos vosos amigos e por iso queremos invitarvos, a todos aqueles aos que non vos deu tempo a mandar as vosas fotos ou que vos decatastes tarde, a que nolas fagades chegar co mesmo formato: foto + texto limitado a unhas 10 palabras. Se reunimos suficientes intentaremos organizar unha exposicion de fotos na primavera do próximo ano con todas aquelas que nos enviedes.

Pero lembrade que é só para os animais (cans, gatos, cobaias, paxaros, hamsters,…) adoptados no Refuxio de Animais de Bando.

Grazas!!

AVISO – cambio de horario o 25 de novembro

18 / 11 / 2013
25 / 11 / 2013
4:35 p.m. - 12:00 p.m.

Por motivos internos, o vindeiro luns 25 de novembro non os poderemos atender nos horarios habituais. A modificación produciríase na primeira hora da mañá.  Os horarios quedarían do seguinte xeito:

  • Atención ao público en xeral: o inicio da atención ao público será ás 11.30h en lugar das 9.30h.
  • Paseo de animais apadriñados/amadriñados: cancélase o das 11 da mañá. A quenda das 12.15h non sufriría ningún cambio.
  • A entrega de animais abandonados/extraviados por parte dos concellos: salvo urxencias, a partir das 11.30h.

Agradecemos a súa comprensión e pregamos desculpen as molestias.

A dirección

En Bando a 18 de novembro de 2013

CALENDARIO 2014 – Vota polas túas doce fotos favoritas

13 / 11 / 2013
17 / 11 / 2013
9:38 a.m. - 11:00 p.m.

Na nosa páxina de Facebook podes votar polas túas 12 fotos favoritas.

Tes de prazo ata o domingo 17 de novembro. Anímate a participar!!

Ir á nosa páxina de Facebook

O vindeiro sábado 9 de novembro estaremos no MERCADO DA CHUVIA

9 / 11 / 2013
11:00 p.m. - 11:00 p.m.
Centro comercial de Área Central - Santiago de Compostela

Colaboradora RefuxioO vindeiro sábado 9 de novembro no MERCADO DA CHUVIA que se emplaza no centro comercial de Área Central en Santiago, a Fundación Refuxio de Animais poñerá un posto con material artesanal feito por voluntarios e distintas asociacións, escolas e artesáns co fin de recolectar fondos para o Refuxio de Bando. O horario será dende ás 11:00 ata ás 21:00 horas. Unha cadela da Fundación acompañaranos.

Faránse dous talleres sobre: etoloxía e coidados de cans e gatos nos horarios:

  • 12:00-13:00
  • 19:00-20:00

Con esta actividade preténdese achegar os cans e gatos aos cidadáns, dando importancia as súas necesidades e comportamento que, polo seu descoñecemento, en moitos casos son causa do abandono ou maltrato animal.

A Fundación agradece a colaboración da organización do MERCADO DA CHUVIA, Area Central e de voluntarios, colaboradores que nos permiten acercar ao cidadán os animais de compaña, informar das maneiras de axudar cos animais do Refuxio e de recoller cartos.

Esta é unha mostra do que podes atopar:

Camisetas tintadas a man

Produtos artesáns Refuxio

Elección de fotos para o calendario 2014

8 / 11 / 2013
12 / 11 / 2013
2:27 p.m. - 3:27 p.m.

A principios da seguinte semana abriremos a votación para que poidades elixir as fotos do calendario 2014.

Se queremos… podemos

31 / 10 / 2013
4 / 11 / 2013
11:20 a.m. - 12:20 p.m.

O Eroski Center de Teo ofreceuse o pasado 25 e 26 de outubro a realizar a ‘Operación Quilo de Alimento’ respondendo solidariamente a unha carta que se lle entregou solicitando colaboración.

Grazas á colaboración e esforzo dos voluntari@s e padriños e á solidariedade desta empresa e os seus clientes, conseguimos un total de:

– Penso can adulto:……… 544,5 kg
– Penso can cachorro:…… 36 kg
– Penso gato cachorro:………1,5 kg
– Penso gato adulto:……….. 59,5 kg
– Latas de perro:……………. 25,4 kg
– Caixa huesitos:……………….0,5 kg
– Arroz:………………………… 3 kg
– Paté gato:……………………0,680 kg
– Area gato:…………………… 35 kg
– Embutido perro:………………. 3 kg
– Lixivia:……………………………. 4 l

Total: 671,08 kg de pienso + 6 kg de arroz + 4 l lixivia

Con este alimento, poderemos alimentar os máis de 450 animais que residen no Refuxio durante 3 días nestes difíciles momentos.

Tanto a Fundación Refuxio de Animais e… en especial os máis de 450 animais que residen no Refuxio de Animais agradecen inmensamente tanto esforzo de voluntari@s e padriños. Sen eles sería imposible levalo a cabo.

Tamén agradece a colaboración da empresa Eroski en especial a do Eroski Center de Teo e aos seus empregados que cordialmente nos axudaron en todo momento, mesmo algún empregado fixo unha doazón.

Moitas grazas!!

Os días 25 e 26 outubro operación kilo de alimento

25 / 10 / 2013
26 / 10 / 2013
9:30 p.m. - 9:30 p.m.
EROSKI CENTER TEO :Travesía de Montouto Nº 4 - Montouto - Teo

Vegalsa Grupo EroskiOs vindeiros días 25 e 26 de outubro, celebraráse no EROSKI CENTER TEO :Travesía de Montouto Nº 4 – Montouto – Teo en horario dende as 9:30 ata as 22:00 horas, a OPERACIÓN KILO DE ALIMENTO a favor dos animais do Refuxio de Bando. Podes facer a túa aportación no mesmo centro durante eses días.

Ampliase o prazo para participar no Calendario 2014

16 / 10 / 2013
3 / 11 / 2013
2:40 p.m. - 2:40 p.m.

Amplíase o prazo para o envío das fotos ata o día 3 de novembro. Do 4 ao 10 de novembro, ambos os dous incluídos, quen queira pode votar aos 6 gatos e 6 cans preferidos.

Se nos envías fotos nas que apareza algún membro da familia, por favor, indícanos expresamente que nos autorizas ao uso desa foto tanto para a súa publicación para que poida ser votada polo público en xeral como para a súa posterior edición en caso de que resulte elixida para aparecer no calendario.

Calendario 2014, como participar?

16 / 10 / 2013
3 / 11 / 2013
10:52 a.m. - 10:52 a.m.

concurso de fotografia

Bases concurso Calendario 2014

7 / 10 / 2013
15 / 10 / 2013
1:59 p.m. - 1:59 p.m.

Ola a tod@s
Este ano queremos facer un calendario no que os cans e gatos adoptados na Fundación Refuxio de Animais teñan o seu protagonismo así como todos aquel@s ánxeles que lles tornaron á vida.
E por iso que podedes enviar, nos 15 primeiros días de outubro, fotos dos animais adoptados no Refuxio disfrutando do seu novo fogar, co seu actual nome e cunha frase de non máis de 10 palabras que expresen o que supón para vosoutros a súa incorporación nas vosas vidas. Para o envío, remitir fotos e texto a: veterinaria@ refuxio.gal. Durante a 3ª semana de outubro poderedes votar a 6 gatiños e 6 canciños e serán elixidos os 6 gatiños e 6 canciños con máis votos, un por cada mes do ano.
Qué vos parece? Animarvos, seguro que nos dará forza para seguir traballando por eles!

concurso de fotografia

Mesa informativa na Alameda o 17 de agosto

17 / 08 / 2013
11:25 a.m. - 11:25 a.m.
Alameda Santiago de Compostela

A Fundación Refuxio de Animais estará este vindeiro sábado 17 de agosto, en horario de 17 a 21h, no parque da Alameda de Santiago cunha mesa informativa do Refuxio e algúns animais xa listos para a súa adopción no mesmo lugar. Alí mesmo poderás facerte socia/o, padriño/madriña, adoptante, ver os animais que temos pendentes de adopción ou facer doazóns. Esperámoste!!

Ábrese o prazo para presentación de solicitudes de inscrición como voluntario

13 / 08 / 2013
4 / 09 / 2013
10:43 a.m. - 11:43 a.m.
Refuxio

voluntariado

Con motivo da aprobación o 17 de xullo do 2013 das novas normas do voluntariado da Fundación Refuxio de Animais, ábrese o prazo para presentación de solicitudes de inscrición para dita actividade que rematará o día 4 de setembro

Os interesados terán que:

  • Cubrir a solicitude do voluntariado e entregala no Refuxio no horario de atención ao público.
  • Asistir á reunión informativa e formativa do voluntariado, realizarase o próximo  venres 6 de setembro ás 19:00 horas.

E imprescindible o cumprimento destos requisitos para iniciarse na actividade do voluntariado polo ben de todos.

Descargar solicitude (doc, 40 kb)
Ampliar información

condolencias polo tráxico accidente de Santiago

29 / 07 / 2013
5 / 08 / 2013
12:00 p.m. - 1:00 p.m.

A FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS ACOMPAÑA  NA DOR AS VÍCTIMAS, FAMILIARES E AMIGOS DOS AFECTADOS NO TRÁXICO ACCIDENTE DE TREN DO PASADO 25 DE XULLO.

AGRADECE O GRAN ESFORZO, TRABALLO, DEDICACIÓN E SOLIDARIDADE DE CIDADÁNS E PROFESIONAIS DE SERVIZOS PÚBLICOS QUE PRESTARON A SÚA GRAN AXUDA, NESTA TRISTE CATÁSTROFE.

A FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS COMUNICA AOS CIDADANS QUE OS EQUIPOS DE RESCATE OCUPÁRONSE DOS ANIMAIS QUE VIAXABAN NO TREN ACCIDENTADO, E TROUXERON AO REFUXIO DE BANDO OS ANIMAIS NON RECLAMADOS POLOS SEUS DONOS O FAMILIARES DAS VÍCTIMAS.

O Refuxio estará nas Festas do Barrio de San Pedro

29 / 06 / 2013
30 / 06 / 2013
12:00 p.m. - 12:00 p.m.
Barrio de San Pedro, en Santiago

Esta fin de semana, participaremos na Festa do Verao que organiza a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro de Santiago. Poñeremos alí a dispór de todo o mundo información do Refuxio, dos animais residentes, do noso traballo, das formas de colaborar e moito máis. Achégate!