CALENDARIOS 2014 – Mención especial a GATO e MIKA

CALENDARIOS 2014 – Mención especial a GATO e MIKA

13 / 12 / 2013

31 / 12 / 2013

Xa temos preparados os calendarios do 2014, pódense mercar no Refuxio e no Mercado da Chuvia os días 14 e 15 de decembro en Área Central no posto onde os esperamos. Máis adiante expoñeranse os distintos puntos de venda. O coste é de 5€.

Agradecemos a todos os participantes a súa colaboración e todos aqueles que votaron e que colaboraron na súa elaboración.

Temos que facer unha mención especial a dous dos participantes, que por motivo do pouco tempo que tiñamos para a súa elaboración non os puidemos incluír:

  • O can “GATO”, o Refuxio non puido poñerse en contacto co seu dono, e non sabíamos se era adoptado no Refuxio e de quen se trataba.
  • A gatiña “MIKA”, comunicámoslle que identificara ao animal adoptado, pero non nos respondeu a tempo.

Agradecemos moito a súa colaboración e pedímoslles desculpas, mais como foi exposto no modelo da convocatoria para a elaboración do calendario, era necesario que foran adoptados no Refuxio e identificar ao animal adoptado, pois como veredes quixemos amosar que a maior parte dos animais de Centros de acollida son adoptados nos prazos maiores que especifica a Lei de Protección Animal.

Porén, como xa comentamos, imos facer unha exposición en vista das encantadoras fotos e impresións dos adoptantes. Xa daremos novas do evento.

GATO: Gato es una perra estupenda llena de energía y cariño. Le encanta correr, acurrucarse en la cama y tomar el sol.
MIKA: Se nos cayó el alma al suelo cuando vimos la gran cantidad de gatos entre los que tendríamos que escoger… pero ella nos escogió a nosotros.