CALENDARIO SOLIDARIO DO REFUXIO 2014 – Agradecemento e invitación a participación

CALENDARIO SOLIDARIO DO REFUXIO 2014 – Agradecemento e invitación a participación

27 / 11 / 2013

11 / 12 / 2013

Queremos agradecervos unha vez máis a participación na creación do Calendario Solidario do Refuxio para o ano 2014 xa que, a pesar do pouco tempo do que dispuxemos, tivemos preto de 50 participantes e casi 900 votacións. De todos os participantes con animais adoptados no Refuxio, os 6 cans e os 6 gatos con maior número de votos serán os que protagonicen os 12 meses do calendario. O resto de participantes tamén terán o seu oco dalgún xeito nel. E aos participantes que enviastes fotos dos vosos animais adoptados noutros centros, aínda que non aparezades no calendario, novamente felicitarvos por tomar a adopción como a vosa opción.

Gozamos moito vendo estes animais adoptados nos seus fogares ou nos seus paseos cotiáns e coas palabras que lles dedicades aos vosos amigos e por iso queremos invitarvos, a todos aqueles aos que non vos deu tempo a mandar as vosas fotos ou que vos decatastes tarde, a que nolas fagades chegar co mesmo formato: foto + texto limitado a unhas 10 palabras. Se reunimos suficientes intentaremos organizar unha exposicion de fotos na primavera do próximo ano con todas aquelas que nos enviedes.

Pero lembrade que é só para os animais (cans, gatos, cobaias, paxaros, hamsters,…) adoptados no Refuxio de Animais de Bando.

Grazas!!