Actividades

Mercadillo Solidario Fin de Ano – 31 de Decembro

29 / 12 / 2011
31 / 12 / 2011
11:30 p.m. - 11:30 p.m.
Praza de Galicia (Santiago de Compostela) 10:00-17:00 horas

Mercadillo solidario

17 / 12 / 2011
18 / 12 / 2011
10:00 a.m. - 10:00 a.m.
Praza de Galicia - Santiago de Compostela

Os días 17 e 18 de decembro esperámoste na Praza de Galicia, estaremos das 10.00 ata ás 20:00 h.

Ver cartel (509 Kb)

Lotería de Nadal

17 / 11 / 2011
22 / 12 / 2011
2:38 p.m. - 3:38 p.m.

Este ano xogamos ao número 90.610. O coste das participacións é 3,00 €, dos que 0,50 céntimos son de donativo destinado aos animais do Refuxio.

Mercadillo solidario

24 / 09 / 2011
10:00 a.m. - 10:00 a.m.
Santiago

O sábado 24 de setembro, desde ás 10:00 ata ás 14 horas, a Fundación Refuxio de Animáis participará xunto coa Asociación Sarela nun mercadillo solidario situado na Alameda.

Exhibición e mesa informativa
Os membros de Sarela que fan Agility no Refuxio cos animais do recinto levarán a cabo unha exhibición do que os seus compañeiros aprenderon con eles durante este tempo. Ademáis, colocarase un posto informativo para todos aqueles que queiran aportar algo, apadriñar un animal, apuntarse como voluntarios ou incluso adoptar.

Os animáis que realizarán a exhibición serán Piscis, Jade, Alina, Grilla y Aza.
Contamos coa presenza de todos para que os adestradores destes animais se sintan orgullosos dun duro traballo que levou meses e que xa deus os seus froitos, dado que un dos cans que realizaban esta actividade cos nosos compañeiros de Sarela, Nando, xa foi adoptado recentemente. Esperamos que os seus amigos teñan a mesma sorte e atopen un fogar pronto.

SEGUNDA EDICIÓN DO “CANCERTO” DO REFUXIO DE BANDO

17 / 09 / 2011
10:33 p.m. - 10:33 p.m.
Gentalha do Pichel (Santiago)

O próximo sábado 17 de setembro vaise levar a cabo o 2º ‘Cancerto’ ás 10:00 da noite en Gentalha do Pichel.

A Fundación Refuxio de Animais agradece a colaboración desinteresada dos intérpretes e de Gentalha do Pichel.

A organización do ‘cancerto’ débese a Mª Bel dous Ansos, voluntaria da Fundación Refuxio de animais, á que se lle agradece o grande esforzo que realizou.

Lugar: GENTALHA DOMINGO PICHEL

Dirección: R/ Santa Clara n.º 21. Santiago de Compostela

Intérpretes:

  • PANDERETEIRAS DE BOUBA
  • PÍCAROS
  • CHARANGA FOLLAS NOVAS
  • DAVIDE SALVADO CON MUSICOS

Custo entrada: 3€. . As entradas poden comprarse no Refuxio ou no mesmo local

A recadación íntegra será para o Refuxio de Bando
.

ANÍMATE, NON SÓ GOZARÁS DUN MARABILLOSA VELADA CON EXCELENTES E SOLIDARIOS ARTISTAS, SENÓN QUE ADEMAIS AXUDARÁS, SEN CASE TE DECATAR AOS ANIMAIS DO REFUXIO DE BANDO

MOITAS GRAZAS A TODOS DE PARTE DOS RESIDENTES DO REFUXIO DE ANIMAIS

PORQUE DESPOIS DA CHUVIA… SEMPRE SAE O SOL

9 / 09 / 2011
5:29 p.m. - 6:29 p.m.
Santiago

A SEGUNDA EDICIÓN DO ‘MINICANMIÑO’ DOS PERREGRINOS DO REFUXIO DE BANDO FOI UN GRANDE ÉXITO A PESAR DO MAL TEMPO CON QUE SUESTE INICIO O DÍA. GRAZAS AOS VOLUNTARIOS QUE NON SE RENDERON ANTE A CHUVIA, AO FINAL TODO SE ARRANXOU: SAÍU O SOL E ADOPTÁRONSE 3 ‘PERREGRINOS’

‘A mal tempo boa cara’, esa é a actitude dos incansables voluntarios, adoptantes e simpatizantes do Refuxio de Bando que participaron na segunda edición do ‘minicanmiño’.

Aínda que a marcha estivo ‘pasada por auga’ ao chegar a Santiago o esforzo tivo a súa recompensa, os ceos despexáronse e o sol brillou toda a tarde, polo que favoreceu que moita xente se achegase ao posto do Refuxio, informándose e colaborando coa acción que se leva a cabo no Centro.

Os novos produtos do Refuxio deseñados pola voluntaria Nuria, foron un éxito e a parte dos apadriñamientos que se realizaron e os donativos de anónimos cidadáns, o mellor é que 3 dos ‘perregrinos’: Festa, Lasta e Lara encontraron unha estupenda meta, unha familia coa que empezar unha nova e boa vida.

Tamén foi moi gratificante reencontrarnos con algúns dos animais adoptados coas súas novas familias: Donovan, Dalmatia e Picaso. Todos estaban encantados.

Foi un día que representou perfectamente o día a día no Refuxio de Bando: aínda que hai veces que todo se ve negro e que non hai solución, con esforzo, ilusión e esperanza de todos, voluntarios, empregados e cidadáns, pódese conseguir o que en ocasións parece imposible: que os animais encontren adoptantes e recadar fondos para seguir investindo en mellorar a situacón dos animais do Centro.
‘Obras son amores e non boas razóns’

MOITAS GRAZAS A TODOS POLO VOSO ESFORZO E COLABORACIÓN PORQUE DESPUES DE LA LLUVIA… SIEMPRE SALE EL SOL

1º Día da Adopción

26 / 02 / 2011
11:00 p.m. - 11:00 p.m.
Santiago

SaídasEl próximo sábado 26 de febrero de 11:00 a 19:00 va a celebrarse en Santiago de Compostela el “1º DÍA DA ADOPCIÓN” convocado por la Fundación Refuxio de Animais y con la participación del voluntariado del Centro.

Esta actividad consistirá en un punto informativo en la antigua caseta de información de la Praza de Galicia donde se venderá material del Refuxio y se dará información sobre la forma de adopción de los animales del Refuxio de Bando así como de todas las formas de colaboración para ayudar a los animales residentes en el Centro: voluntariado, apadriñamientos, socios, donaciones, casas de acogida…

También se llevarán animales del Refuxio susceptibles de adopción, para demostrar la capacidad que tienen de convivir con personas y su buen carácter.

Voluntarios recorrerán las calles de Santiago, con perros del Centro para recaudar donativos y repartir información.

Esta actividad, es parte de la Campaña que la Fundación Refuxio de Animais esta desarrollando este año denominada: “AMIGOS QUE DEIXAN PEGADA” con la que se pretende fomentar la adopción y prevenir el abandono. Debido a la gran cantidad de animales que llegan y residen en el Refuxio de Bando, solo de esta manera podremos conseguir que todos puedan disfrutar de un hogar.

Esperamos contar con la colaboración de todos, pues siempre, siempre hay alguna manera de ayudarles.

Y recuerda “ANTES DE ESQUECELOS, PENSA. ADOPTA”

Campaña de adopción 2011

1 / 02 / 2011
31 / 08 / 2011
2:40 p.m. - 3:40 p.m.
Santiago

PegatinaA Fundación Refuxio de Animais, sita en Zarramacedo, Bando, no Concello de Santiago de Compostela é unha entidade sen ánimo de lucro presidida polo alcalde do concello de Santiago de Compostela e financiada polos concellos que conforman o Padroado: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Vedra. Funciona como Centro de Acollida Municipal para estes concellos.

Obxectivos da campaña

  • Sensibilizar á cidadanía sobre a problemática real que representa o incremento de animais abandonados nesta zona, e polo tanto reforzar a idea do NON abandono.
  • Concienciar da axuda que esta cidadanía pode prestar para dar solución a este problema a través da adopción de animais.
  • Fomentar o cambio de actitude con respecto á compra de animais, intentando que se valore como unha acción máis positiva a adopción.
  • Reforzar o uso e a implantación do microchip identificador.

Mensaxes da campaña

As mensaxes da campaña están baseadas nos obxectivos da mesma:

  • Aforro de cartos! Están a evitar a compra do Mupi cansanimal.
  • Os animais adoptados son moito máis agradecidos. Nunca olvidan!!!
  • Entrega do animal en condicións óptimas: microchip, vacinación,esterilización! Ademáis, a un prezo inferior que se o fixera o propietario de forma externa ao Refuxio.
  • A mensaxe que transmite a adopción axuda aos pais a educar aos nenos na responsabilidade e nos valores.
  • O gran sufrimento que comporta o abandono, ademáis das sancións coas que está castigado.

A comunicación da campaña configúrase do seguinte modo:

  • Campaña informativa da problemática actual: Adopción; Abandono; Tenencia responsable; Outros temas
  • Campaña de concienciación e sensibilización para promover a adopción animal.
  • Campaña de implantación do microchip identificador

A campaña compleméntase cunha serie de accións de carácter formativo e informativo:

  • Tour guiado polo refuxio para os medios xeralistas. Posibilidade de que coñezan de primeira man as instalacións do centro.
  • Charlas nas escolas/institutos.
  • Charlas nos centros de día para maiores.
  • Difusión folleto informativo.
  • Difusión pegatina co logotipo da campaña.
  • Creación dun día específico da Adopción Animal

Mercadillo solidario

3 / 01 / 2011
5 / 01 / 2011
8:01 p.m. - 9:01 p.m.
Santiago

Despois da gran acollida do mercadillo solidario feito o pasado 18 e 19 de decembro, a Fundación Refuxio de Animais e os voluntarios desta, aproveitando o novo ano e a chegada dos Reis Magos, imos repetir o mercadillo solidario a favor desta Fundación. Desta vez será a vindeira semana, os días 3, 4 e 5 de xaneiro, dende as 11.30 da mañá ata as 19.30 da tarde.

Dentro da actividade está prevista a venda de material de segunda mAn novo ou usado cedido de xeito gratuíto e totalmente desinteresado por voluntariado e persoas alleas ao centro.

Tamén se venderá material para animais domésticos; este material está de forma habitual no centro da Fundación sito en Lugar de Zarramacedo, Bando s/n.

Co recaudado nesta actividade, preténdese seguir co proxecto da Fundación en canto ao benestar animal se refire: xestionar adopcións, adopcións internacionais e acollidas; garantir o bo estado sanitario dos animais residentes no centro e a atención veterinaria cando o precisan; campañas de educación e concienciación sobre protección animal; difundir boas prácticas en canto a tenza de animais domésticos; etc.

A ubicación é, como na anterior ocasión, no kiosco de cristal que hai no centro da Praza Galicia de Santiago de Compostela.

Agradécese a aportación de material donado por calquera persoa que desexe colaborar na actividade.