Mercadillo solidario

Mercadillo solidario

24 / 09 / 2011

Santiago

O sábado 24 de setembro, desde ás 10:00 ata ás 14 horas, a Fundación Refuxio de Animáis participará xunto coa Asociación Sarela nun mercadillo solidario situado na Alameda.

Exhibición e mesa informativa
Os membros de Sarela que fan Agility no Refuxio cos animais do recinto levarán a cabo unha exhibición do que os seus compañeiros aprenderon con eles durante este tempo. Ademáis, colocarase un posto informativo para todos aqueles que queiran aportar algo, apadriñar un animal, apuntarse como voluntarios ou incluso adoptar.

Os animáis que realizarán a exhibición serán Piscis, Jade, Alina, Grilla y Aza.
Contamos coa presenza de todos para que os adestradores destes animais se sintan orgullosos dun duro traballo que levou meses e que xa deus os seus froitos, dado que un dos cans que realizaban esta actividade cos nosos compañeiros de Sarela, Nando, xa foi adoptado recentemente. Esperamos que os seus amigos teñan a mesma sorte e atopen un fogar pronto.