30 Abr Campaña de adopción 2011
Posted at 00:33h
in
A Fundación Refuxio de Animais, sita en Zarramacedo, Bando, no Concello de Santiago de Compostela é unha entidade sen ánimo de lucro presidida polo alcalde do concello de Santiago de Compostela e financiada polos concellos que conforman o Padroado: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Vedra. Funciona como Centro de Acollida Municipal para estes concellos.
Obxectivos da campaña
- Sensibilizar á cidadanía sobre a problemática real que representa o incremento de animais abandonados nesta zona, e polo tanto reforzar a idea do NON abandono.
- Concienciar da axuda que esta cidadanía pode prestar para dar solución a este problema a través da adopción de animais.
- Fomentar o cambio de actitude con respecto á compra de animais, intentando que se valore como unha acción máis positiva a adopción.
- Reforzar o uso e a implantación do microchip identificador.
Mensaxes da campaña
As mensaxes da campaña están baseadas nos obxectivos da mesma:
- Aforro de cartos! Están a evitar a compra do animal.
- Os animais adoptados son moito máis agradecidos. Nunca olvidan!!!
- Entrega do animal en condicións óptimas: microchip, vacinación,esterilización! Ademáis, a un prezo inferior que se o fixera o propietario de forma externa ao Refuxio.
- A mensaxe que transmite a adopción axuda aos pais a educar aos nenos na responsabilidade e nos valores.
- O gran sufrimento que comporta o abandono, ademáis das sancións coas que está castigado.
A comunicación da campaña configúrase do seguinte modo:
- Campaña informativa da problemática actual: Adopción; Abandono; Tenencia responsable; Outros temas
- Campaña de concienciación e sensibilización para promover a adopción animal.
- Campaña de implantación do microchip identificador
A campaña compleméntase cunha serie de accións de carácter formativo e informativo:
- Tour guiado polo refuxio para os medios xeralistas. Posibilidade de que coñezan de primeira man as instalacións do centro.
- Charlas nas escolas/institutos.
- Charlas nos centros de día para maiores.
- Difusión folleto informativo.
- Difusión pegatina co logotipo da campaña.
- Creación dun día específico da Adopción Animal