Actividades

Recollida de alimentos en Gali+Cotas

12 / 06 / 2021
12:00 a.m. - 12:00 a.m.

O vindeiro sábado día 12 de xuño temos unha cita con vós en Gali+cotas (Rúa República Arxentina, 46, Santiago de Compostela) 🤩🙈🎉

Os nosos voluntarios estarán de 10:30 a 17:00 recollendo doazóns. Como ben sabedes, agora estamos bastante saturados de camadas de gatiños, así que o que máis precisamos é leite para gatiños, penso e latas de arranque e penso para gatiños 😊 Os nosos 7 cachorros lactantes tamén empezan a comer sólido, así que precisamos tamén latiñas e penso starter para eles e penso para cans medianos/grandes.
Ademais, temos varios gatos con dieta renal e gastrointestinal, polo que nos viría xenial este tipo de comida. E, por supusto, sempre son benvidas calquera tipo de lambonada para cans, latas para gatos (para can aínda temos bastantes) e penso para cans e gatos adultos 🥰 Calquera axuda vai ser ben recibida!!
Ademais, aproveitaremos para vender rifas para o noso súper sorteo, así que se vos queredes facer con algunha, esta é a vosa oportunidade 😉

Moitísimas grazas a Gali+cotas por contar con nós e sempre estar dispostos a botarnos unha man, xa sexa como punto de recollida ou calquera cousa que precisemos!! Grazas por recibirnos sempre cun sorriso ❤️

Sorteo Benéfico

3 / 06 / 2021
24 / 06 / 2021
12:00 a.m. - 12:00 a.m.
✨ SORTEO BENÉFICO! ✨
Como xa vos fomos contando, ultimamente estannos chegando animais en moi malas condicións que precisan intervencións ou tratamentos custosos e, para colaborar, varias empresas da zona uníronse para botarnos unha man. ♥
Nesta ocasión imos sortear unha noite para dúas persoas na Cabaña Lila de Cabanas da Ulla, na que ademais estarán agardando ao gañador os seguintes premios:
-2 cubos de Bico de Xeado
-2 prendas de Clockers
– 2 bastidores bordados a man de Variopinto
COMO PARTICIPAR?
O prezo de cada rifa é de 2€ e pódense obter fisicamente nos seguintes establecementos:
▪ Tendas Bico de Xeado:
-Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 81)
– CC As Cancelas (Santiago de Compostela)
-Coruña (Avenida de La Marina, 21)
– Pontevedra (Rúa Michelena, 5)
▪ Cabanas da Ulla
▪ Refuxio de Bando
▪A Media Lúa Clínica Veterinaria (Milladoiro)
▪Peixecan Peluquería Canina (Rúa París, nº 19 G, Baixo, Santiago de Compostela)
▪ Ámbito Moda (Rúa Ameneiral 12, Bertamiráns)
Tamén poderedes adquirilas por transferencia ao Refuxio de Bando. Neste caso o que tedes que facer para participar é ingresar os cartos correspondentes ao número de participacións que queredes mercar (se queredes escoller 2 números, serían 4€; 3 números, 6, etc.) ao noso número de conta ES66 2080 0388 2230 4000 0891 co concepto “Sorteo”. Unha vez realizado o pago, por mensaxe privada deberedes mandarnos o xustificante, así como o voso nome e apelidos, dirémosvos os números cos que participades e enviarémosvos a través das redes a rifa en formato electrónico.
COMO SE SELECCIONARÁ O GAÑADOR?
O gañador do sorteo será aquel que teña a rifa que coincida coas 3 últimas cifras do número gañador do sorteo da ONCE do xoves 24 de xuño de 2021.
Moita sorte!!!

Mercadiño solidario na Praza Roxa

29 / 05 / 2021
12:00 a.m. - 12:00 a.m.
POR FIN IMOS FACER UN MERCADIÑO 👏🏼 Pero debido a un imprevisto, non será no Toural como estaba previsto senón na PRAZA ROXA.
Logo de 15 meses sen ningún mercadiño solidario, por fin temos permiso para realizalo 😊 Será este sábado día 29 de maio e estaremos de 10 a 20 horas na Praza Roxa.
Imos ter moitas cousas chulas: un montón de libros de todo tipo (incluído literatura infantil), xoguetes para cans e para gatos, accesorios, roupa… Os nosos voluntarios estarán encantados de solventar as vosas dúbidas e axudarvos no que precisedes 😉
Agardámosvos este sábado e contamos con vós para que este primer mercadiño de volta sexa todo un éxito! Botamos de menos ver as vosas caras e a dos canciños adoptados que sempre nos veñen visitar, así que estamos moi emocionados de volver 🥰

 

Aviso para os padriños e madriñas do Refuxio de Bando

10 / 05 / 2021
12:00 a.m. - 12:00 a.m.

Debido á aparente estabilización da COVID-19 en Galicia e a finalización do estado de alarma, desde o luns día 10 de maio retómanse os paseos dos padriños e madriñas do Refuxio de Bando cos seus cans afillados.

Tal como se estivo facer meses atrás, será obrigatorio anotarse previamente a través dos links que iremos enviando todos os venres a través dun correo electrónico. Os grupos serán reducidos, de 5 persoas por quenda entre semana e 10 en cada quenda das fins de semana, polo que para que todos teñades opción a subir, só poderedes anotarvos nunha quenda entre semana e outra en fin de semana.

Tamén será obrigatorio o cumprimento das normas básicas: uso de mascarilla en TODO momento, distancia de seguridade e hixiene de mans á chegada ó Refuxio (contaredes con xel hidroalcohólico á vosa disposición).

Os afillados serán entregados na entrada do recinto, polo que queda prohibido pasar do portalón. As normas son as mesmas para todos, así que pedimos por favor que as cumprades de maneira estrita para evitar aglomeracións e situacións que vos poidan poñer en risco a vós, ás voluntarias, traballadores e ós propios animais.

Agradecervos tamén a vosa paciencia durante estes meses de pausa da actividade dos paseos con afillados. Como ben sabedes, tivemos que darlle prioridade ás adopcións no horario no que a vosa actividade ten lugar, posto que é o pilar fundamental da Fundación. O Refuxio é un centro de residencia temporal para estes animais e así intentamos que seguise sendo durante estes meses. Porén, agardamos que a situación se manteña estable durante esta temporada e poidamos seguir mantendo esta actividade tan beneficioso para os cans do Refuxio. Agardámosvos a partir do día 10!

Os avisos serán sempre por mail, de xeito que se non vos chegan ou xa non empregados o correo electrónico que nos facilitarades, poñédevos en contacto con nós para solucionalo.

 

 

Últimos ingresos

132-25 Pepita
131-25 Tomasa
122-25 Elmo
121-25 Claudia
120-25 Leo
119-25 Gordo
115-25 Arrouxe
113-15 Ulloa
112-25 Arzúa
110-25 Requesona
109-25 Tranchete
108-25 Quimper

Pesquisar animal

Últimos animais extraviados

Tamaño pequeno Animal Can/Cadela Pelo medio-curto Macho Estado Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Tamaño 2017

Máis información...

ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

Animal Femia Gata/o Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Peso 2500 2018

Máis información...

Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.

XIVA

XIVA

Animal Pelo curto Femia Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo 2017

Máis información...

Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325