
Debido á aparente estabilización da COVID-19 en Galicia e a finalización do estado de alarma, desde o luns día 10 de maio retómanse os paseos dos padriños e madriñas do Refuxio de Bando cos seus cans afillados.
Tal como se estivo facer meses atrás, será obrigatorio anotarse previamente a través dos links que iremos enviando todos os venres a través dun correo electrónico. Os grupos serán reducidos, de 5 persoas por quenda entre semana e 10 en cada quenda das fins de semana, polo que para que todos teñades opción a subir, só poderedes anotarvos nunha quenda entre semana e outra en fin de semana.
Tamén será obrigatorio o cumprimento das normas básicas: uso de mascarilla en TODO momento, distancia de seguridade e hixiene de mans á chegada ó Refuxio (contaredes con xel hidroalcohólico á vosa disposición).
Os afillados serán entregados na entrada do recinto, polo que queda prohibido pasar do portalón. As normas son as mesmas para todos, así que pedimos por favor que as cumprades de maneira estrita para evitar aglomeracións e situacións que vos poidan poñer en risco a vós, ás voluntarias, traballadores e ós propios animais.
Agradecervos tamén a vosa paciencia durante estes meses de pausa da actividade dos paseos con afillados. Como ben sabedes, tivemos que darlle prioridade ás adopcións no horario no que a vosa actividade ten lugar, posto que é o pilar fundamental da Fundación. O Refuxio é un centro de residencia temporal para estes animais e así intentamos que seguise sendo durante estes meses. Porén, agardamos que a situación se manteña estable durante esta temporada e poidamos seguir mantendo esta actividade tan beneficioso para os cans do Refuxio. Agardámosvos a partir do día 10!
Os avisos serán sempre por mail, de xeito que se non vos chegan ou xa non empregados o correo electrónico que nos facilitarades, poñédevos en contacto con nós para solucionalo.
Para axudar a cubrir parte de gastos veterinarios de casos especiais, presentámosvos o noso primeiro sorteo online O premio é unha sesión de perruquería para o voso can ou gato en Peixecan Peluquería Canina e un almorzo ou merenda (por valor entre 4 e 9 €) no Café Latexo. Teñen opcións veganas e sen glute, así que ídesvos poder dar un banquete sexa como sexa e, ademais, podedes levar ó voso can/cadela a presumir de peiteado
Así que vos espera un planazo xunto ó voso compañeiro de vida.
Cada participación será de 2€ e poderedes escoller tantos números como queirades entre o 1 e o 100. Para participar, o que tedes que facer é ingresar os cartos correspondentes ó número de participacións que queredes ter (se queredes escoller 2 números, serían 4€; 3 números, 6, etc.) ó noso número de conta ES66 2080 0388 2230 4000 0891 co concepto “Sorteo”. Unha vez realizado o pago, por mensaxe privada (no Instagram ou Facebook) deberedes mandarnos o xustificante do pago, así como o voso nome e apelidos e os números cos que vos gustaría participar. En caso de que estes números xa foran escollidos por outra persoa, comunicarémovolo e darémosvos a posibilidade de escoller outro número. Tedes que agardar a que nós vos confirmemos que tedes asignado ese número!
O sorteo realizarase unha vez vendidas todas as participacións e o gañador será aquel cuxo número coincida coas dúas últimas cifras do sorteo diario da ONCE do día seguinte. Parece fácil, non?
Precisamos de toda a vosa axuda, así que animádevos a participar que o premio ben merece a pena Iremos facendo máis sorteos ó longo destas semanas así que aproveitamos tamén para que, se tedes un establecemento e queredes botarnos unha man, nos mandedes unha mensaxe privada
Por suposto, un millón de grazas ás rapazas de Peixecan peluquería canina
e Café Latexo por colaborar con nós (unha vez máis!) e axudarnos a facer fronte a esta época difícil!
Contamos con todos vós
#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro #ValdoDubra #Brión #Trazo
#Dodro #Padrón
É residente Animal Can/Cadela Macho Estado Pelo medio-curto Tamaño mediano Ano de nacemento Sexo Pelo Tamaño Peso 2018 11500
2023 Pelo curto Femia Animal Can/Cadela Estado Ano de nacemento Está adoptado/a Sexo Pelo
2019 Tamaño pequeno É residente Animal Can/Cadela Macho Estado Ano de nacemento Sexo Tamaño Peso 11500
Femia É residente Animal Can/Cadela Estado Pelo medio-curto Tamaño mediano Ano de nacemento Sexo Pelo Tamaño Peso 2018 10000
Tamaño pequeno Animal Can/Cadela Macho Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Tamaño 2017
ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411
Femia Animal Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Peso 2500 2018
Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.
Pelo curto Femia Animal Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida 2017
Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325