O remate da I Campaña Solidaria de Recollida de Alimentos para perros y gatos do Refuxio de Bando, realizada pola Residencia de San Lázaro, SARquavitae, deixou aos animais do Refuxio máis de 100kg de pienso e 45kg de area para gatos, ademáis de comida húmida para ambos.
Moitas grazas de novo pola iniciativa e polo esforzo e, dende logo, pola vosa visita. Gozamos moito co voso cariño hacia os animais e as vosas experiencias!.
Ata a próxima!
http://www.sarquavitae.es/articulo/entrega-de-alimentos-para-perros-y-gatos-al-rfuxio-de-bando/
_________________________________________________________________________
A Residencia SARquavitae, en Avda. Fernando de Casas Novoa, 33 de Santiago de Compostela, está a realizar unha campaña de recollida de material doado para o Refuxio de Bando. Toda a axuda é benvida e de gran utilidade para o Refuxio.
Dende aquí queremos agradecer aos organizadores da campaña e aos usuarios da residencia, a súa maravillosa iniciativa e a axuda que prestan con ela aos animais abandonados.
Más información en: http://www.sarquavitae.es/articulo/i-campana-solidaria-de-recogida-de-alimentos-para-perros-y-gatos/
Publicaremos os resultados da campaña ao seu remate.
Lembra que podes realizar unha doazón económica ao Refuxio directamente a través da nosa web e de forma totalmente segura.
Preme o enlace: https://www.refuxio.gal/?page_id=1119 (ou na sección PUNTO DE INFORMACIÓN, Pago On Line)
Moitas grazas pola túa axuda!
Estamos a organizar a oitava edición do “MINICANMIÑO”, prevista para o vindeiro 17 DE XUÑO (Autorización pendente de confirmar) co fin de concienciar sobre non abandono e adopción, dar a coñecer o Refuxio, as formas de colaborar e os animais que residen nel diariamente.
A actividade consta dunha marcha que se iniciará no Refuxio de Bando e percorrerá a última etapa do Camiño de Santiago; o grupo estará formado por cans/cadelas do Refuxio dispoñibles para a súa adopción, guiados por voluntariado e madriñas/padriños do Refuxio. Para apoiar e reforzar esta iniciativa, poñerase unha mesa informativa no punto de chegada dos ‘Canmiñantes’ (Praza Roxa, pendente de confirmación) dende as 10 da mañá ata as 21h (horario aproximado).
Agradecemos de antemán a colaboración de todas/os aquelas/es madriñas/padriños que desexen participar na actividade. É preciso inscripción previa anotándose no cadro que se atopa no taboleiro do Refuxio de Bando, preguntando ao voluntariado ou nos teléfonos do Refuxio 646492835 – 981575957.
Os cans participantes serán seleccionados polo voluntariado do centro segundo os criterios de dispoñibilidade, carácter e compatibilidade establecidos previamente.
Tamén poderá participar calquera persoa que desexe solidarizarse co motivo desta marcha; poden unirse dende o Refuxio ou ao longo do camiño sos ou co seu can/cadela (Debido á organización da actividade, e ao igual que nas anteriores edicións, necesítanse dúas persoas acompañando a cada can)
O PRAZO PARA ANOTARSE NELA REMATA O SÁBADO 10 DE XUÑO
ANIMÁDEVOS!!
Animal Can/Cadela Tamaño pequeno Macho Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Tamaño 2017
ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411
Animal Femia Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Peso 2500 2018
Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.
Animal Pelo curto Femia Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida 2017
Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325