Dende hai uns días e por motivo da ampliación da AP9 permanece pechado a ponte do Tangueiro, principal punto de subida ao Refuxio de Bando. A alternativa a este acceso é a A54, autovía que vai ao aeroporto de Lavacolla, tomando a primeira saída dirección ao Monte do Gozo. Este acceso sae directamente a San Marcos.
Información aos madriñas/padriños,
Este sábado día 2, e debido ao traslado a Asturias dos cans adoptados por SOS Strays Holanda, os voluntarios que prestan asistencia os sábados no Refuxio non poderán acudir a axudar polo que vémonos obrigados a suspender a saída de animais apadriñados ése día ao non ter persoal suficiente que atenda esta actividade.
O domingo día 3 aténdese de xeito normal e no horario habitual.
Agradecemos de antemán a vosa comprensión,
FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS
Estannos a chegar seguido camadas de gatos que precisan ser alimentados por crianza artificial. As poucas casas de acollida que temos para isto (ás que agradecemos, e moito, a súa axuda) non poden abarcar máis. Por iso pedimos a túa colaboración. Se tés experiencia na crianza artificial de animais, dispós de tempo para atendelos (lembra que precisan comer cada 3-4h) e queres botar unha man, non o dubides! Ponte en contacto connosco a través do email refuxio@refuxio.gal e deíxanos os teus datos de contacto.
É importante que dispoñas de vehículo propio ou alguén que poda achegarte ata o Refuxio para pasar as revisións periódicas dos miquiños, se houbese unha urxencia ou por calquer outro motivo.
Moitas grazas pola túa axuda!!
Can/Cadela Tamaño pequeno Animal Macho Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Tamaño 2017
ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411
Femia Animal Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Peso 2500 2018
Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.
Pelo curto Femia Animal Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida 2017
Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325