VIII edición do Minicanmiño

VIII edición do Minicanmiño

30 / 05 / 2017

17 / 06 / 2017

Santiago de Compostela

cartel-refuxio3

Estamos a organizar a oitava edición do “MINICANMIÑO”, prevista para o vindeiro  17 DE XUÑO (Autorización pendente de confirmar) co fin de concienciar sobre non abandono e adopción, dar a coñecer o Refuxio, as formas de colaborar e os animais que residen nel diariamente.

A actividade consta dunha marcha que se iniciará no Refuxio de Bando e percorrerá a última etapa do Camiño de Santiago; o grupo estará formado por cans/cadelas do Refuxio dispoñibles para a súa adopción, guiados por voluntariado e madriñas/padriños do Refuxio. Para apoiar e reforzar esta iniciativa, poñerase unha mesa informativa no punto de chegada dos ‘Canmiñantes’ (Praza Roxa, pendente de confirmación) dende as 10 da mañá ata as 21h (horario aproximado).

Agradecemos de antemán a colaboración de todas/os aquelas/es madriñas/padriños que desexen participar na actividade. É preciso inscripción previa anotándose no cadro que se atopa no taboleiro do Refuxio de Bando, preguntando ao voluntariado ou nos teléfonos do Refuxio 646492835 – 981575957. 

Os cans participantes serán seleccionados polo voluntariado do centro segundo os criterios de dispoñibilidade, carácter e compatibilidade establecidos previamente.

Tamén poderá participar calquera persoa que desexe solidarizarse co motivo desta marcha; poden unirse dende o Refuxio ou ao longo do camiño sos ou co seu can/cadela (Debido á organización da actividade, e ao igual que nas anteriores edicións, necesítanse dúas persoas acompañando a cada can)

O PRAZO PARA ANOTARSE NELA REMATA O SÁBADO 10 DE XUÑO

ANIMÁDEVOS!!