Actividades

Visita ao CEIP Pío XII

21 / 01 / 2020
12:00 a.m. - 12:00 a.m.

Hoxe estivemos de novo no CEIP Pío XII, nesta ocasión cos nenos e nenas de 6º de Infantil e 2º de Primaria
Quedamos encantados coa experiencia e queremos dar as grazas ás profesoras que contaron con nós para esta actividade, así como aos nenos que fixeron unha chea de preguntas interesantes

E graciñas a Iris, Paula e a Lury por ir en representación do Refuxio 😉
Aproveitamos para lembrarvos que Lury segue a buscar un fogar.

#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro
#ValdoDubra 

 

Charla no CEIP Pío XII

20 / 01 / 2020
12:00 a.m. - 12:00 a.m.

Hoxe estivemos no CEIP Pío XII dando a primeira charla do ano, nesta ocasión cos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria
Como noutras ocasións, estivemos falando sobre a labor do Refuxio, a adopción responsable, o abandono e a responsabilidade que conleva ter un animal.
Moitísimas grazas unha vez máis ás profes por contar con nós para esta actividade ☺️☺️
E graciñas a Iris, Paula e a Aluche por ir en representación do Refuxio 😉
Seguiremos contándovos porque temos a axenda completa con máis charlas 😌

#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro
#ValdoDubra 

 

Doazón d@s nen@s do CEIP Cardeal Quiroga Palacios

8 / 01 / 2020
8 / 02 / 2020
12:00 a.m. - 12:00 a.m.

Como xa vos contamos, o pasado mes de novembro estivemos no CEIP Cardeal Quiroga Palacios dando unha charla falando sobre a adopción responsable e o funcionamento do Refuxio. Isto serviu de inspiración para os máis peques que se decidiron a facer xoguetes para os cans e gatos do Refuxio, para facerlles algo máis entretida a súa estancia mentres non atopan un fogar definitivo.
Moitísimas grazas por esta iniciativa, non podía ternos feito máis ilusión 🥰 Ordes xa nos dou o seu visto bo 😻
Graciñas!!!

#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro
#ValdoDubra 

Últimos ingresos

132-25 Pepita
131-25 Tomasa
122-25 Elmo
121-25 Claudia
120-25 Leo
119-25 Gordo
115-25 Arrouxe
113-15 Ulloa
112-25 Arzúa
110-25 Requesona
109-25 Tranchete
108-25 Quimper

Pesquisar animal

Últimos animais extraviados

Tamaño pequeno Animal Can/Cadela Estado Pelo medio-curto Macho Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Tamaño 2017

Máis información...

ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

Femia Animal Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Peso 2500 2018

Máis información...

Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.

XIVA

XIVA

Pelo curto Femia Animal Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo 2017

Máis información...

Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325