Actividades

Mesa informativa na Feira de Conxo

8 / 06 / 2013
10:30 p.m. - 10:30 p.m.
Barrio de Conxo, en Santiago de Compostela

A Fundación Refuxio de Animais, terá unha mesa informativa nesta Feira de Conxo, o vindeiro día 8 (e pode que tamén o 9, pendente de confirmar). Estaremos dende ás 10.30 ata ás 20.00h. Daráse, pola mañá e pola tarde, unha breve charla informativa sobre o traballo no Refuxio. As horas das charlas tamén as confirmaremos en canto saibamos o horario exacto. Estades todos invitados!

actividades

Sábado 4 de maio – O Refuxio estará na Festa da Primavera

4 / 05 / 2013
10:30 p.m. - 10:30 p.m.
Barrio de San Pedro, en Santiago

Este sábado 4 de maio, o Refuxio estará na Festa da Primavera que organiza a asociación cultural do Barrio de San Pedro, en Santiago. Estaremos dende as 10.30 da mañá ata as 21h.

As actividades serán todo ao longo da Rúa de San Pedro e dos Concheiros. Alí nos atoparás cos nosos cans e toda a información para colaborar connosco. Achégate!

Ver programa da Festa da Primavera

Mesa informativa e material publicitario na Alameda

21 / 04 / 2013
9:00 a.m. - 9:00 a.m.
Alameda Santiago de Compostela

Este domingo 21 de abril, coincidindo coa proba deportiva de Canicross e BikeJoring organizada pola asociación ACADE no parque da Alameda de Santiago, tamén estaremos cunha mesa informativa, material para venda e algún dos animais do Refuxio. Podes facerte socio, apadriñar e incluso adoptar alí mesmo, se non te podes achegar ao Refuxio, a algún dos animais que levaremos xa listos. COLABORA CO REFUXIO

Mesa informativa e material publicitario nas Cancelas

19 / 04 / 2013
26 / 04 / 2013
9:52 a.m. - 10:52 a.m.
Centro comercial As Cancelas

Este venres 19 abril e o próximo venres 26 de abril, estaremos no centro comercial As Cancelas (Santiago) cunha mesa informativa e material publicitario do Refuxio (camisetas, gorras, postais, mochilas,…) para a venda. Tamén podes colaborar facéndote socio, padriño,… alí mesmo. Ademáis, este venres 19 participaremos con algún dos cans do Refuxio, no desfile canino que terá lugar no mesmo centro comercial.

Todo o recaudado destinarase íntegramente ao Refuxio de Bando.

VEN A VERNOS!!’

Pesquisar animal

Últimos animais extraviados

Can/Cadela Tamaño pequeno Animal Macho Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Tamaño 2017

Máis información...

ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

Femia Animal Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Peso 2500 2018

Máis información...

Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.

XIVA

XIVA

Pelo curto Femia Animal Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida 2017

Máis información...

Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325