Actividades

Queremos agradecervos unha vez máis a participación na creación do Calendario Solidario do Refuxio para o ano 2014 xa que, a pesar do pouco tempo do que dispuxemos, tivemos preto de 50 participantes e casi 900 votacións. De todos os participantes con animais adoptados no Refuxio, os 6 cans e os 6 gatos con maior número de votos serán os que protagonicen os 12 meses do calendario. O resto de participantes tamén terán o seu oco dalgún xeito nel. E aos participantes que enviastes fotos dos vosos animais adoptados noutros centros, aínda que non aparezades no calendario, novamente felicitarvos por tomar a adopción como a vosa opción.

Gozamos moito vendo estes animais adoptados nos seus fogares ou nos seus paseos cotiáns e coas palabras que lles dedicades aos vosos amigos e por iso queremos invitarvos, a todos aqueles aos que non vos deu tempo a mandar as vosas fotos ou que vos decatastes tarde, a que nolas fagades chegar co mesmo formato: foto + texto limitado a unhas 10 palabras. Se reunimos suficientes intentaremos organizar unha exposicion de fotos na primavera do próximo ano con todas aquelas que nos enviedes.

Pero lembrade que é só para os animais (cans, gatos, cobaias, paxaros, hamsters,…) adoptados no Refuxio de Animais de Bando.

Grazas!!

AVISO – cambio de horario o 25 de novembro

18 / 11 / 2013
25 / 11 / 2013
4:35 p.m. - 12:00 p.m.

Por motivos internos, o vindeiro luns 25 de novembro non os poderemos atender nos horarios habituais. A modificación produciríase na primeira hora da mañá.  Os horarios quedarían do seguinte xeito:

  • Atención ao público en xeral: o inicio da atención ao público será ás 11.30h en lugar das 9.30h.
  • Paseo de animais apadriñados/amadriñados: cancélase o das 11 da mañá. A quenda das 12.15h non sufriría ningún cambio.
  • A entrega de animais abandonados/extraviados por parte dos concellos: salvo urxencias, a partir das 11.30h.

Agradecemos a súa comprensión e pregamos desculpen as molestias.

A dirección

En Bando a 18 de novembro de 2013

CALENDARIO 2014 – Vota polas túas doce fotos favoritas

13 / 11 / 2013
17 / 11 / 2013
9:38 a.m. - 11:00 p.m.

Na nosa páxina de Facebook podes votar polas túas 12 fotos favoritas.

Tes de prazo ata o domingo 17 de novembro. Anímate a participar!!

Ir á nosa páxina de Facebook

O vindeiro sábado 9 de novembro estaremos no MERCADO DA CHUVIA

9 / 11 / 2013
11:00 p.m. - 11:00 p.m.
Centro comercial de Área Central - Santiago de Compostela

Colaboradora RefuxioO vindeiro sábado 9 de novembro no MERCADO DA CHUVIA que se emplaza no centro comercial de Área Central en Santiago, a Fundación Refuxio de Animais poñerá un posto con material artesanal feito por voluntarios e distintas asociacións, escolas e artesáns co fin de recolectar fondos para o Refuxio de Bando. O horario será dende ás 11:00 ata ás 21:00 horas. Unha cadela da Fundación acompañaranos.

Faránse dous talleres sobre: etoloxía e coidados de cans e gatos nos horarios:

  • 12:00-13:00
  • 19:00-20:00

Con esta actividade preténdese achegar os cans e gatos aos cidadáns, dando importancia as súas necesidades e comportamento que, polo seu descoñecemento, en moitos casos son causa do abandono ou maltrato animal.

A Fundación agradece a colaboración da organización do MERCADO DA CHUVIA, Area Central e de voluntarios, colaboradores que nos permiten acercar ao cidadán os animais de compaña, informar das maneiras de axudar cos animais do Refuxio e de recoller cartos.

Esta é unha mostra do que podes atopar:

Camisetas tintadas a man

Produtos artesáns Refuxio

Pesquisar animal

Últimos animais extraviados

Tamaño pequeno Animal Can/Cadela Macho Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Tamaño 2017

Máis información...

ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

Animal Femia Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Peso 2500 2018

Máis información...

Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.

XIVA

XIVA

Animal Pelo curto Femia Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida 2017

Máis información...

Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325