Actividades

Gallidolly co Refuxio de Bando – Evento blythe

9 / 08 / 2014
10:00 a.m. - 12:00 p.m.
Hotel Gelmirez, Rúa do Hórreo, 92, 15702 Santiago de Compostela

Gallidolly

O día 9 de agosto Galidolly (http://www.galidolly.es/p/raffle.html) realizarán unha actividade no Hotel Gelmirez, Rúa do Hórreo, 92, 15702 Santiago de Compostela, na que o voluntariado estará presente cunha mesa informativa e huchas dende a 10:00 da mañá.

Agradecemos moito a Gallidolly a súa invitación e a súa iniciativa solidaria de aportar os beneficios da rifa aos animais do Refuxio.

Podedes encontrar o evento da actividade en Facebook: https://www.facebook.com/events/745238708867026/?ref=ts&fref=ts

ATENCIÓN: HORARIO DE VERÁN

1 / 08 / 2014
31 / 08 / 2014
2:00 a.m. - 2:00 a.m.

MODIFICACIÓN DO HORARIO DE APERTURA DURANTE O MES DE AGOSTO
MODIFICACIÓN DEL HORARIO DE APERTURA DURANTE EL MES DE AGOSTO

849194_97951715b

MODIFICACIÓN HORARIO DE VERANO_2014 (pdf, 180 Kb)

GALEGO

Durante este mes de Agosto cambiamos o horario de apertura ao público. En Setembro volveremos ao horario habitual.
Desculpade as molestias.

Horario de Verán:(do 01 ao 31 de Agosto de 2014, ámbolos dous incluidos)
Martes, mércores e xoves de 09:30 a 14:00.
Venres e sábados de 10:30 a 13:30
Domingo e Luns: Pechado
Festivos: Pechado
Todas as tardes: Pechado

CASTELLANO

Durante este mes cambiamos el horario, disculpad las molestias. En septiembre volvemos al horario habitual.

Horario de Verano: (del 01 al 31 de Agosto de 2014, ambos incluidos)
Martes, miércoles y jueves de 09:30 a 14:00.
Viernes y Sábados de 10:30 a 13:30
Domingo y Lunes: Cerrado
Festivos: Cerrado
Todas las tardes: Cerrado

¡Xa temos aplicación, data e horario para realizar as votacións do II Concurso Fotográfico “Calendario Solidario do Refuxio de Bando 2015”!

Data de votacións: do 04-31 de Agosto de 2014.

Tende en conta:

1. Lede ben as bases do concurso.

2. As fotos publicadas poden ser votadas dende o momento da súa publicación, polo que canto antes as subades, antes poden ser votadas e como consecuencia, poderedes recadar máis votos. ¡Sede rápidos!

3. As fotografías dos animais adoptados e o texto describindo a experiencia de adoptar, poden ser enviadas a través da aplicación de facebook ou a través do correo electrónico veterinaria[@]refuxio.gal

4. Por motivos de horario laboral, as fotos recibidas a través de e-mail, serán publicadas nas 24-48 horas seguintes á súa recepción. As recibidas a través da aplicación serán visibles ás poucas horas.

Debido ao funcionamento e os prazos de dita aplicación, e para asegurar un bo servizo, rogamos que a partir do día 28/08/14 non nos enviedes as fotos a través do email, utilizade directamente a aplicación de facebook, doutro modo non podemos comprometernos a que sexan publicadas dentro do prazo de votacións.

5. O resultado das votacións unha vez vencido o prazo, e a publicación dos gañadores, pode tardar uns días en ser anunciados oficialmente. Por favor, tende paciencia.
Gracias.


¡MOITA SORTE A TOD@S!

Anterior entrada Calendario (PDF, 60Kb)

ESCOLA DE ADOPTANTES: PRÓXIMA SESIÓN 27 XULLO

27 / 07 / 2014
5:00 p.m. - 7:30 p.m.
Salón de Actos da Fundación Refuxio de Animais

Escola de Adoptantes

PRÓXIMA SESIÓN: 27 XULLO
¡inscríbete xa!

AGORA PODERÁS COÑECER MELLOR Ó TEU NOVO COMPAÑEIRO,
PROPORCIONARLLE OS COIDADOS E A ATENCIÓN AXEITADA.
ENTENDERVOS E ASÍ COMEZAR FELICES A VOSA NOVA VIDA.

Na Fundación Refuxio de Animais, grazas á colaboración do educador canino D. Angel Mollá (Metodo Guau), empezaranse a impartir sesións formativas de iniciación aos adoptantes de cans do Refuxio para que coñezas as características do teu novo compañeiro, as súas necesidades e interpretes os sinais que lle permiten comunicarse contigo, así a incorporación ao seu novo fogar será máis doada e axeitada para todos.

Os requisitos para participar son:
Adoptar un animal do Refuxio de Bando e apuntarse no Refuxio ou no correo electrónico veterinaria[@]refuxio.gal

Localización: As sesións terán lugar no Salón de Actos da Fundación Refuxio de Animais ( Refuxio de Animais en Lg. Zarramacedo-Bando s/n).

Data e hora: Os terceiros sábados de mes os meses pares, e os domingos os meses impares (poranse cada mes as datas de forma anticipada), De 17:00 a 19:30.

As datas e horas das sesións poden modificarse, segundo a dispoñibilidade do colaborador D. Angel Mollá.

ANÍMATE, NUNCA CHE RESULTARÁ TAN DOADO ADOPTAR!!!!!

Últimos ingresos

133-25 Farala
132-25 Pepita
131-25 Tomasa
122-25 Elmo
121-25 Claudia
120-25 Leo
119-25 Gordo
115-25 Arrouxe
113-15 Ulloa
112-25 Arzúa
110-25 Requesona
109-25 Tranchete

Pesquisar animal

Últimos animais extraviados

Tamaño pequeno Animal Can/Cadela Pelo medio-curto Macho Estado Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Tamaño 2017

Máis información...

ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

Animal Femia Gata/o Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Peso 2500 2018

Máis información...

Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.

XIVA

XIVA

Animal Pelo curto Femia Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo 2017

Máis información...

Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325