O vindeiro 6 de novembro celebrarase un pequeno mercadillo solidario na praza do Toural co motivo de dar a coñecer un pouco mellor o refuxio de animais de bando e con elo aos seus amoros inquilinos.
Se che interesa colaborar ou adopatar pasate e informate sen compromiso.
DATA : 06-11-2016
HORARIO: de 10:30 a 21:00h
Lugar: Praza do Toural
O vindeiro 5 de novembro levarase a cabo unha actividade de recollida de penso para os animais residentes no refuxio. Se queres colaborar co Refuxio achegate a tenda de mascotas de El corte Ingles e doa alimento para os nosos amiguiños.
Data: 05-11-2016
HORARIO: DE 10:00 A 22:00
Lugar : Tenda de Mascostas El Corte Ingles
SÉPTIMA EDICIÓN DO “MINICANMIÑO” DE SANTIAGO DUN GRUPO DE “ PERREGRINOS” DA FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS.
TODOS PODEDES PARTICIPAR: VOLUNT@RIOS, PADRIÑ@S, ADOPTANTES, SIMPATIZANTES, E EN RESUMEN TÓDOLOS QUE CREAN QUE EN PROTECCIÓN ANIMAL “O MOVEMENTO DEMOSTRASE ANDANDO”
O sábado 2 DE XULLO realizarase a séptima edición do ‘Minicanmiño’. Este novo grupo de ‘perregrinos da esperanza’ estará composto por un grupo duns 20 voluntari@s que guiarán a 10 cans da Fundación Refuxio de Animais, e os padriños e madriñas co seu afillado/a.
Tamén están invitados todos aqueles que adoptasen cans no Refuxio ou simplemente simpatizantes da Fundación, dos seus residentes ou da causa, para procurar demostrar que o abandono é un problema que interesa aos cidadáns e que están dispostos a participar e intentar axudar neste gran problema adoptando ou colaborando. Non fai falla que fagan a marcha completa, poden incorporarse ao longo da marcha, que coincide co último tramo do Camiño de Santiago.
Con todo isto, esperamos crear unha senda para todos aqueles que queiran colaborar cos animais do centro e atopar un fogar para eles ou para algún dos mais de 400 compañeiros que actualmente residen no Refuxio de Bando.
PLAN DO DÍA – HORARIOS
Os participantes terán que estar as 09:30 no Refuxio para recoller ao seu compañeiro do camiño, iniciando a marcha ás 10:30 no Refuxio de Bando, para chegar en torno ás 13:30-14:00 ao parque da ALAMEDA, onde haberá xa instalada unha mesa informativa dende as 10.30 das distintas actividades e formas de colaborar coa Fundación Refuxio de Animais (voluntariado, apadriñamentos, socios, doazóns, colaboracións… etcétera.) Tamén se venderá material publicitario para recadar fondos para os animais do centro.
De 15:00 a 17:00 farase un descanso para comer e recargar baterías, (traede un bocata ou tarteira!!!).
Pola tarde, ás 18:30 farase unha “Pasarela da Adopción”. Así mostraranse aos nosos ‘perregrinos’ (afillados e outros cans do Refuxio), expoñendo a súa historia e facultades.
PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS:
As condicións para todos aqueles que queiran participar son:
– Apuntarse nun listado no Refuxio, (podedes facelo tamén a través do correo electrónico: voluntariado.bando@gmail.com) , indicando: nome e apelidos, e-mail, teléfono, relación con Refuxio (padriños, voluntarios, adoptantes…) , e o animal que queren levar, así coma se poden quedar pola tarde á ‘Pasarela da Adopción’.
– Terán que ir dúas persoas por can.
– Aqueles padriños/madriñas que tendes afillados dominantes, medosos, ou incompatibles co resto dos cans que irán na marcha, non poderedes levalos pero vos asignaremos outro previamente avaliado. Desta maneira pretendemos evitar problemas entre os animais durante a realización da actividade co obxectivo de que a actividade sexa o máis divertida posible para todos.
– Os participantes irán polo lado esquerdo da estrada e levarán ao can polo lado interno ou entre os dous paseantes.
– Nunca se invadirá a estrada
– Levaranse bolsas para recoller as defecacións.
– Os padriños e madriñas terán que organizarse entre eles para facer grupos cos seus coches para volver despois ao Refuxio.
No caso de non quedarse pola tarde, terán que subir aos cans ao refuxio.
As condicións para todos aqueles que queiran participar na camiñata son as mesmas que para o resto dos compoñentes.
Quen se queira unir á marcha pode facelo ao longo da ruta.
Sempre hai algunha maneira de axudar, solo hai que animarse. Moitas grazas por anticipado pola vosa participación.
‘Que el arte en tu piel ladre y maúlle de alegría’
Balinese Tatoo Compostela e O Refuxio de animais de Bando unen os seus esforzos para axudar aos peludiños do refuxio.
O próximo Sábado 28 de Maio de 2016, de 11:00 a 20:00, o equivalente ao importe recadado polas tatuaxes e piercings realizados en Balinese Tatoo Compostela, será destinado ao refuxio para a compra de alimentos, menciñas e insumos.
Tamén podes colaborar con comida para gatos e cans, ou area para gatos que estaremos recibindo no estudio:
Rúa Cardeal payá, 14, Santiago de Compostela.
Tf.881031998
¡Anímate a colaborar!
Falecido/a Animal Can/Cadela Tamaño pequeno Macho Estado Ano de nacemento Pelo medio Sexo Pelo Tamaño 2012
2022 Pelo curto Femia É residente Animal Can/Cadela Estado Tamaño mediano Ano de nacemento Sexo Pelo Tamaño Peso 16000
2024 Tamaño pequeno Animal Can/Cadela Pelo curto Macho Estado Ano de nacemento Está adoptado/a Sexo Pelo Tamaño Peso Pasou esterilización 7500
2024 Can/Cadela Pelo curto É residente Animal Estado Macho Ano de nacemento Tamaño grande Sexo Pelo Tamaño Peso 29000
É residente Animal Can/Cadela Pelo curto Macho Estado Tamaño grande Ano de nacemento Sexo Pelo Tamaño Peso 2018 29000
2024 Animal Pelo curto Femia Gata/o Estado Ano de nacemento Está adoptado/a Sexo Pelo Pasou esterilización
Animal Can/Cadela Pelo curto Tamaño pequeno Estado Macho Ano de nacemento Está adoptado/a Sexo Pelo Tamaño Pasou esterilización Peso 2300 2018
Tamaño pequeno Animal Can/Cadela Estado Pelo medio-curto Macho Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Tamaño 2017
ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411
Femia Animal Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Peso 2500 2018
Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.
Pelo curto Femia Animal Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo 2017
Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325