VII EDICIÓN – MINICANMIÑO 2016

VII EDICIÓN – MINICANMIÑO 2016

2 / 07 / 2016

2 / 07 / 2016

Zarramacedo (Bando) S/N

1907373_10152252468503510_1351813246880976264_n

SÉPTIMA EDICIÓN DO “MINICANMIÑO” DE SANTIAGO DUN GRUPO DE “ PERREGRINOS” DA FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS.
TODOS PODEDES PARTICIPAR: VOLUNT@RIOS, PADRIÑ@S, ADOPTANTES, SIMPATIZANTES, E EN RESUMEN TÓDOLOS QUE CREAN QUE EN PROTECCIÓN ANIMAL “O MOVEMENTO DEMOSTRASE ANDANDO”

O sábado 2 DE XULLO realizarase a séptima edición do ‘Minicanmiño’. Este novo grupo de ‘perregrinos da esperanza’ estará composto por un grupo duns 20 voluntari@s que guiarán a 10 cans da Fundación Refuxio de Animais, e os padriños e madriñas co seu afillado/a.

Tamén están invitados todos aqueles que adoptasen cans no Refuxio ou simplemente simpatizantes da Fundación, dos seus residentes ou da causa, para procurar demostrar que o abandono é un problema que interesa aos cidadáns e que están dispostos a participar e intentar axudar neste gran problema adoptando ou colaborando. Non fai falla que fagan a marcha completa, poden incorporarse ao longo da marcha, que coincide co último tramo do Camiño de Santiago.

Con todo isto, esperamos crear unha senda para todos aqueles que queiran colaborar cos animais do centro e atopar un fogar para eles ou para algún dos mais de 400 compañeiros que actualmente residen no Refuxio de Bando.

PLAN DO DÍA – HORARIOS

Os participantes terán que estar as 09:30 no Refuxio para recoller ao seu compañeiro do camiño, iniciando a marcha ás 10:30 no Refuxio de Bando, para chegar en torno ás 13:30-14:00 ao parque da ALAMEDA, onde haberá xa instalada unha mesa informativa dende as 10.30 das distintas actividades e formas de colaborar coa Fundación Refuxio de Animais (voluntariado, apadriñamentos, socios, doazóns, colaboracións… etcétera.) Tamén se venderá material publicitario para recadar fondos para os animais do centro.

De 15:00 a 17:00 farase un descanso para comer e recargar baterías, (traede un bocata ou tarteira!!!).

Pola tarde, ás 18:30 farase unha “Pasarela da Adopción”. Así mostraranse aos nosos ‘perregrinos’ (afillados e outros cans do Refuxio), expoñendo a súa historia e facultades.

PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS:

As condicións para todos aqueles que queiran participar son:

– Apuntarse nun listado no Refuxio, (podedes facelo tamén a través do correo electrónico: voluntariado.bando@gmail.com) , indicando: nome e apelidos, e-mail, teléfono, relación con Refuxio (padriños, voluntarios, adoptantes…) , e o animal que queren levar, así coma se poden quedar pola tarde á ‘Pasarela da Adopción’.

– Terán que ir dúas persoas por can.

– Aqueles padriños/madriñas que tendes afillados dominantes, medosos, ou incompatibles co resto dos cans que irán na marcha, non poderedes levalos pero vos asignaremos outro previamente avaliado. Desta maneira pretendemos evitar problemas entre os animais durante a realización da actividade co obxectivo de que a actividade sexa o máis divertida posible para todos.

– Os participantes irán polo lado esquerdo da estrada e levarán ao can polo lado interno ou entre os dous paseantes.

– Nunca se invadirá a estrada

– Levaranse bolsas para recoller as defecacións.

– Os padriños e madriñas terán que organizarse entre eles para facer grupos cos seus coches para volver despois ao Refuxio.
No caso de non quedarse pola tarde, terán que subir aos cans ao refuxio.

As condicións para todos aqueles que queiran participar na camiñata son as mesmas que para o resto dos compoñentes.

Quen se queira unir á marcha pode facelo ao longo da ruta.

Sempre hai algunha maneira de axudar, solo hai que animarse. Moitas grazas por anticipado pola vosa participación.

1044100_10152273599013510_3021635571143357126_n