Actividades

Resultados do proceso selectivo no seguinte enlace: resultados

Actividade do Voluntariado: Mesa informativa e a favor de DINO

22 / 03 / 2018
1 / 04 / 2018
12:00 a.m. - 12:00 a.m.
Praza do Toural de Santiago

 

AXUDA PARA DINO:

O voluntariado do Refuxio de Bando leva anos facendo actividades no centro de Santiago para axudar na difusión dos animais en adopción, informando á xente e recadando doazóns do público en xeral.

Ao longo do 2017 e durante este 2018, estes cartos destináronse a cirurxías e probas que precisaron os animais do Refuxio. Pero, a partir de este momento, siempre que haxa un animal ao que lle destinaremos os cartos, queremos facervos partícipes diso e que as saídas sexan cun obxectivo e por iso indicarémosvos un importe a acadar para unha cirurxía ou proba en concreto.

A saída deste mes, será o 31 de marzo a favor de DINO, un cadelo que, o 15 de xuño do 2017, alguén tirou por riba do valado do Refuxio. Dende o primeiro momento viuse que sofría unha coxeira derivada dun proceso crónico polo que se realizaron unhas probas que determinaron que o seu tratamento é unha cirurxía. Como houbo varios casos máis urxentes ca el, non foi posible facelo ata agora pero xá é o seu momento para mellorar a súa vida. O coste desta cirurxía son 400€ e solicitamos a vosa participación e axuda para poder facelo.

DINO é un can cariñoso e bó de uns 5 anos de idade e merece ter a súa oportunidade. Queres adoptalo? Non podes pero queres axudalo? Achégate á mesa que o voluntariado do Refuxio poñerá no Toural o 31 de marzo e fai a túa aportación. Agardámosche!

 

FACEBOOK Oficial do Refuxio de Bando

2 / 03 / 2018
2 / 03 / 2020
9:33 a.m. - 10:33 a.m.

Arrancamos unha nova etapa na rede social Facebook. O obxectivo é reforzar o noso traballo de cara a conseguir os obxectivos fundacionais do Refuxio de Bando e dar adopción ou acollida aos animais chegados dende os concellos de Santiago de Compostela, Vedra e Teo.

Convidámosvos a unirvos a esta comunidade.

#RefuxiodeBando#MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo

PROCESO DE SELECCIÓN DE POSTOS DE VETERINARIO/A E DIRECTOR/RA E CONVOCATORIA SEGUINTE FASE

Por problemas de axenda, modifícanse os horarios da convocatoria para os solicitantes dos postos de veterinario/a e Dirección.

Convocatoria os membros do Padroado da Fundación Refuxio de Animais.

Proceso de selección de posto de veterinaria/o: entrevista curricular o martes 13 de marzo as 18:00 horas. Lugar Pazo de Raxoi s/n, Concello de Santiago de Compostela, Salón verde.

Proceso de selección do posto de Dirección: fase de entrevista curricular e defensa da memoria presentada ante o órgano de selección o martes 13 de marzo as 18:30 horas. Lugar Pazo de Raxoi s/n, Concello de Santiago de Compostela, Salón verde.

Publícanse a continuación os datos relativos ao proceso de selección selección de Veterinario/a e Director/Directora da Fundación Refuxio de Animais.

Enlace para os solicitantes do posto de Dirección: posto-de-direccion

Enlace para os solicitantes do posto de Veterinario/a: posto-de-veterinario-ou-veterinaria

CONVOCATORIA SEGUINTE FASE:

  • Se convoca aos solicitantes ao posto de Dirección á seguinte fase de entrevista curricular e defensa da memoria presentada ante o organo de selección o martes 13 de marzo as 16:30 horas. Lugar a determinar.
  • Se convoca aos solicitantes ao posto de veterinaria/o a unha entrevista curricular o martes 13 de marzo as 16:30 horas. Lugar a determinar.

 

 

Últimos ingresos

132-25 Pepita
131-25 Tomasa
122-25 Elmo
121-25 Claudia
120-25 Leo
119-25 Gordo
115-25 Arrouxe
113-15 Ulloa
112-25 Arzúa
110-25 Requesona
109-25 Tranchete
108-25 Quimper

Pesquisar animal

Últimos animais extraviados

Tamaño pequeno Animal Can/Cadela Estado Pelo medio-curto Macho Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Tamaño 2017

Máis información...

ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

Animal Femia Pelo medio-curto Gata/o Estado Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Peso 2500 2018

Máis información...

Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.

XIVA

XIVA

Femia Animal Pelo curto Gata/o Estado Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo 2017

Máis información...

Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325