Resultados do proceso selectivo no seguinte enlace: resultados
AXUDA PARA DINO:
O voluntariado do Refuxio de Bando leva anos facendo actividades no centro de Santiago para axudar na difusión dos animais en adopción, informando á xente e recadando doazóns do público en xeral.
Ao longo do 2017 e durante este 2018, estes cartos destináronse a cirurxías e probas que precisaron os animais do Refuxio. Pero, a partir de este momento, siempre que haxa un animal ao que lle destinaremos os cartos, queremos facervos partícipes diso e que as saídas sexan cun obxectivo e por iso indicarémosvos un importe a acadar para unha cirurxía ou proba en concreto.
A saída deste mes, será o 31 de marzo a favor de DINO, un cadelo que, o 15 de xuño do 2017, alguén tirou por riba do valado do Refuxio. Dende o primeiro momento viuse que sofría unha coxeira derivada dun proceso crónico polo que se realizaron unhas probas que determinaron que o seu tratamento é unha cirurxía. Como houbo varios casos máis urxentes ca el, non foi posible facelo ata agora pero xá é o seu momento para mellorar a súa vida. O coste desta cirurxía son 400€ e solicitamos a vosa participación e axuda para poder facelo.
DINO é un can cariñoso e bó de uns 5 anos de idade e merece ter a súa oportunidade. Queres adoptalo? Non podes pero queres axudalo? Achégate á mesa que o voluntariado do Refuxio poñerá no Toural o 31 de marzo e fai a túa aportación. Agardámosche!
Arrancamos unha nova etapa na rede social Facebook. O obxectivo é reforzar o noso traballo de cara a conseguir os obxectivos fundacionais do Refuxio de Bando e dar adopción ou acollida aos animais chegados dende os concellos de Santiago de Compostela, Vedra e Teo.
Convidámosvos a unirvos a esta comunidade.
#RefuxiodeBando#MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo
Convocatoria os membros do Padroado da Fundación Refuxio de Animais.
Proceso de selección de posto de veterinaria/o: entrevista curricular o martes 13 de marzo as 18:00 horas. Lugar Pazo de Raxoi s/n, Concello de Santiago de Compostela, Salón verde.
Proceso de selección do posto de Dirección: fase de entrevista curricular e defensa da memoria presentada ante o órgano de selección o martes 13 de marzo as 18:30 horas. Lugar Pazo de Raxoi s/n, Concello de Santiago de Compostela, Salón verde.
Publícanse a continuación os datos relativos ao proceso de selección selección de Veterinario/a e Director/Directora da Fundación Refuxio de Animais.
Enlace para os solicitantes do posto de Dirección: posto-de-direccion
Enlace para os solicitantes do posto de Veterinario/a: posto-de-veterinario-ou-veterinaria
CONVOCATORIA SEGUINTE FASE:
Tamaño pequeno Animal Can/Cadela Macho Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Tamaño 2017
ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411
Animal Femia Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Peso 2500 2018
Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.
Animal Pelo curto Femia Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida 2017
Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325