Actividades

Folga xeral do 8 de marzo

7 / 03 / 2019
9 / 03 / 2019
12:00 a.m. - 12:00 a.m.

Con motivo da folga do día 8 de marzo, este centro permanecerá pechado ao público durante ese día.

 

A Dirección

Mesa informativa e solidaria no Toural

22 / 02 / 2019
12:00 a.m. - 12:00 a.m.

Esta fin de semana dende as 10 da mañá e ata as 9 da noite, achegámonos ao Toural en Santiago coa nosa mesa informativa e solidaria a favor do Refuxio de Bando. Invitamos a calquera persoa que desexe informarse sobre como colaborar (adopción, voluntariado, apadriñamento,…) a que se achegue ata alí. Os voluntarios do Refuxio atenderanvos con gusto e responderán a todas as vosas dúbidas.

Agardámosvos!!!

Suspensión saídas cans amadriñados/apadriñados sábado 16 de febreiro

13 / 02 / 2019
17 / 02 / 2019
12:00 a.m. - 12:00 a.m.

Estimadas/os madriñas/padriños, lamentamos informar que este vindeiro sábado día 16 de febreiro vémonos na obriga de suspender a actividade dos paseos de cans con madriñas/padriños.

O domingo día 17 aténdese de xeito normal e no horario habitual.

Grazas pola colaboración.

Atentamente,

A Dirección

XA ESTÁN Á VENDA OS CALENDARIOS DO REFUXIO DE BANDO

28 / 12 / 2018
1 / 04 / 2019
12:00 a.m. - 12:00 a.m.

Puntos de venda: 

  • Refuxio de Bando
  • Clínica Veterinaria Can Cat (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria San Roque (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria A Media Lúa (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria PAC de San Lázaro (Santiago de Compostela)
  • TerranovaCNC 133 (Santiago de Compostela)
  • Peludos en Compostela  (Santiago de Compostela)
  • Clínica Veterinaria TeoVet (Teo)
  • Centro Veterinario Novo Milladoiro (Milladoiro)

Recén sacados da imprenta! Xa temos os calendarios para o vindeiro 2019!

Este ano en dous formatos diferentes: un de parede e un de mesa; un só cos animais do Refuxio e o outro dos animais acompañados de rostros coñecidos do panorama galego que prestaron a súa imaxe e o seu tempo para axudar nesta iniciativa.

Moitísimas grazas a todos os que colaboraron coa elaboración dos calendarios,  especialmente a Sue Rainbow tanto polas fotos, como polo deseño e a súa dedicación nas últimas semanas.
E graciñas a Gráficas Parsan pola súa paciencia e polo cariño e ilusión coa que elaboraron o calendario

Prezos:

Calendario de parede: 10€

Calendario de mesa: 6€

Últimos ingresos

132-25 Pepita
131-25 Tomasa
122-25 Elmo
121-25 Claudia
120-25 Leo
119-25 Gordo
115-25 Arrouxe
113-15 Ulloa
112-25 Arzúa
110-25 Requesona
109-25 Tranchete
108-25 Quimper

Pesquisar animal

Últimos animais extraviados

Can/Cadela Tamaño pequeno Animal Macho Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Tamaño 2017

Máis información...

ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

Femia Animal Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Peso 2500 2018

Máis información...

Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.

XIVA

XIVA

Pelo curto Femia Animal Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida 2017

Máis información...

Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325