DONA
Ingreso: 05/01/2005
FemiaCan/CadelaEstadoAno de nacementoEstá adoptado/aPelo medioSexoPeloDescoñecidoTamañoPesoPasou esterilización199935000pastor alemán
O caso de Dona é moi triste. Chegou ao Refuxio ao morrer o seu dono. A pesar de ser unha cadela boa, tranquila e educada para estar nun piso a familia do dono non quixo facerse cargo dela. Ao principio estaba moi desconcertada porque non entendía que fixera mal para que o seu dono a abandonara. É unha cadela moi educada ata o punto de que non fai as súas necesidades no canil xa que para ela é como un piso. É recomendábel como compañeira xa que é moi cariñosa. A xente non sabe o que se perde ao non adoptala.