
515-18 JUANITÓN
Juanitón foi recollido a finais de verán na Rúa Castaños (Santiago de Compostela) con apenas dous meses. É un gatiño moi sociable, confiado, doce, xoguetón e que se leva estupendamente ben con outros gatos. Alguén se anima a ofrecerlle un fogar? Entregarase con contrato de adopción, esterilizado, vacinado e desparasitado.