
373-17 Noga
Noga pertence a unha camada de 4 miquiños que chegou ao refuxio fai aproximadamente un ano. Tódolos seus irmáns xa foron adoptados pero ela aínda segue á espera de atopar un fogar onde lle dean todo o agarimo que se merece. É unha mica tímida e tranquila á que lle encanta compartir xogos cos seus compañeir@s de gateira.