297-19 Maggie
Ingreso: 19/06/2019
Pelo curtoFemiaÉ residenteAnimalEstadoGata/oAno de nacementoSexoPeloQuere ser apadriñadoPesoPasou esterilización13002018común europeo
Maggie chegou ao Refuxio o pasado verán, logo de que a recollesen na zona de
Vite (Santiago de Compostela) con síntomas de intoxicación e con cachorros mortos no seu interior Por esa zona apareceran varios gatos envelenados e pensamos que Maggie seguramente se intoxicase co mesmo produto, pero ela tivo máis sorte e recollérona a tempo. Tivo que estar ingresada e a tratamento pero, como podedes ver, agora está máis que recuperada e lista para irse a un fogar definitivo. É algo tímida, pero gústalle a xente e lévase ben con outros gatos. Precisa alguén con paciencia e que non lle importe gañarse a súa confianza pouco a pouco.