253-14 APUKA
Apuka é unha das nosas veteranas, xa que leva con nós desde o 2014. Cando chegou aínda era noviña e bastante territorial con outras femias, sempre demostrando quen era a que mandaba. Porén, co paso dos anos foi perdendo ese carácter autoritario e agora, aínda que soe marcar ás femias coas que convive, non ten maior problema con elas. Por tanto, o ideal sería que se vai convivir con outras cadelas, que estas sexan tranquilas e calmadas. Polo demais, é unha cadela moi cariñosa á que lle encanta que a cepillen. Ten xa aproximadamente dez aniños, polo que xa vai entrando nunha idade onde as condicións do refuxio lle empezan a pasar factura. Anímaste a darlle un fogar á nosa veterana?
Entregarase con contrato de adopción, desparasitada, vacinada, con chip e esterilizada.